sábado, fevereiro 04, 2006


MUDANZA DE PLANS NO QUEIXO

Como ben nos informa o noso correspondente na vila do queixo, caése Chambao do cartel e sustitúeos Marlango, xa sabedes a formación en plan jazz-movida tranqui-tom waits da actriz Leonor Watling e dous coleguillas. Que pasa co rockandroll, morreu?, nada macho, as jitarras non estan de moda e a cona.
Eu coido que Marlango estan de puta madre, pero nun auditorio ou nun sitio pechado cun ambiente tal pero pra unha noite de sabado no campo da feira de arzúa, van pasar mais frio que un ruso sin vodka. O mesmo rollo que con Chambao, que tamen estan ven, pero xente que os viu en directo dixome que un pouquinho trapallada. A ver que pasa. Nos tentaremolo pasar de puta madre e o detalle de que estea a Lamatumá é un puntazo.
Cartel extraído da páxina web da productora de Marinho, Spanish Bombs.

14 comentários:

Anónimo disse...

tes toda a puta razón ricki, MARLANGO na festa do queixo vai ser máis aburrido que un concerto de Amancio Prada. Que foi daqueles tempos de gandes concerto"enemigos" na praza de Arzúa... Unha pena.
pero bueno Lamatumbá e o muchachito B.i. coido que garantiza boa festa.
Agardo verte por alí
Unha aperta poderosa meu

Anónimo disse...

Ei!
non é unha cuestión de ser rancio ou non. Se tivesen collido ós Non residentz ou a Safara Orquestra ou calaquera cousa nesa onda (da igual o idioma) eu non diría nada. Pero MARLANGO!!!
Eu paguei a entrada cando viñeron a Santiago, e sentado e quentiño non aturei máis de vinte minutos e fuxin de alí escopetao.
QUero ver eu a peña no campo de arzúa aguantando o rollito-intimista-elitista-pijo as tantas da manha cun frío que nin diox, cheos coma cans e despois de bailar con Muchachito B.I. Penso que a cousa vai estar complicada.

A reivindicación enemiga non deixaba de ser nostalxia.
Apertas para todos!!

Anónimo disse...

Ei tío...
un pouco máis de humor! eu non me meto coas festas do teu pobo, so critico un dos grupos que levan, porque non me parece o máis axeitado. E non dixen nada malo nin de arzúa, nin do queixo, nin dos botes.
Paz irman!

Anónimo disse...

Se levaran ós ruxe xa estaba. Se iban a cagar.

rikimelide disse...

Boas a todos, cajonatos hai polémica e ó carallo, bueno, non mais lonxe da miña intención.
Vou deixar claro unha cousa, independentemente de quen leven eu vou ir igual(e tomarei unhas cuantas no bar da comisión dos botes), pareceme un cartel moi diverso e eu PERSOALMENTE botaba un pouquiño en falta o rock,pero bueno estou tamen de acordo en abrirse de orellas e disfrutar da oferta GRATUITA que nos ofrece o Concello de Arzúa a tódolos seus visitantes tódolos anos neste fin de semana de auténtica feira e festa de exaltación. E dicirlle a Fandi que David é de Santiago e non gobernan precisamente os de azul, aínda que pra o caso eche o mesmo. Sen mais, aínda que eu sexa de onde son, animar a todo o mundo a ir a Arzúa o primeiro fin de semana de Marzo, como tamén o primeiro de Agosto ós Botes, outra mítica festa de xuntanza e rockandroll.
Veña amigos, e seguide opinando que entre todos seguro que chegamos a algun sitio mellor, ok,
Saúde e Terra.

rikimelide disse...

Viva Galiza ceibe, a carallada e a boa xente (como sodes ámbolos dous, deso non me cabe dúbida).
Orlock, estou dacordo que ás veces este espazo quedásenos pequeno pra expresar as nosas ideias ou sentimentos, eu entendo totalmente o teu punto de vista,facer un festival desta índole (e van 31 edicións) e en pleno inverno, merece levantarlle a boina a altura do Coto Pilar (806 m, cumio da provincia da coruña, encravado na parroquia de Folladela-Melide)e aplaudir a iniciativa aínda que sexa cos ollos pechados e sen ver o cartel.
A sabeduría popular, coma ben nos recordaches un pouquechinho mais arriba, atina :"Nunca chove a gusto de todos", esta claro. Ademais é ben certo que para unha vila coma a de Arzúa, ten un mérito especial, que pasaran pola praza da mesma, ou polo campo da feira, propostas tan interesantes nas últimas décadas, gracias especialmente a Carlos Mariño, manager de sona que se fixo a si mesmo escomenzando precisamente organizando os Botes e o Queixo.
Pois eso que eu vin a moitos grupos en directo en Arzúa de moitos paos distintos, dende o flamenco o hip-hop, e as mais das veces, sorpredenronme gratamente.
Tamén é certo que os Botes están adiacados máis o rock. Cando dixen os das jitarras, foi porque considero que un oquiño a un grupo nacional podería habelo, pero seguro que en Agosto nos desquitamos. E outra cousa ogallá en Melide tiveramos outra cor e houbera a oportunidade que dende a cousa pública promocionaran concertos en vivo e gratuitos. Menos mal que a iniciativa privada, moitas veces decifitaria, nos vai achegando propostas e tendencias case que tódolos venres.
Nada máis, ah¡ escribo estas liñas escoitando a Marlango de fondo, jejje, aínda queda un mes pero ese día hai que tomarlle un caldeiro os tres xuntos, ou prender un cigarro deses da paz. VEña meus, um saúdo dende Wichita-Galiza.

rikimelide disse...

Ah, que me esquecía, de minicrise nada, facer comentarios está de puta madre, mira canto se falou aqui do Queixo, de Arzúa e dos grupos que van, eso é bonito conaaaaaa, e a parte canto aprendendo de vós e con vos

Anónimo disse...

Güenas:

Non he a miña intención montar polémica algunha e menos co colega Fandiño, eu non sei si David pode pero eu considero que como veciño e contribuinte do Concello de Arzúa teño todo o dereito a opinar de como se gastan os cartos no meu concello e na miña festa. Por outra parte creo que e de xustiza decir que non todo o presuposto da festa sae das arcas do concello polo que non so os veciños de Arzúa costeamos dito festexo.

Os concertos, pois dos supostos cabezas de cartel non coñezo moito as suas músicas pero polo pouco que escoitei de Marlango en Radio Arzúa o muermo promete, por sorte e digo por sorte porque Arzúa e o mundo o revés, creo que o Festival do Queixo e o único do planeta terra no que o suposto cabeza de cartel toca en primeiro lugar, as nove da noite, así polo menos non haberá tempo de amuermarse pois moitos e moitas ainda estaremos polas tabernas cando Marlango rematen a sua actuación.

O tal Bombo Inferno (seica toca a guitarra e o bombo o mesmo tempo) parece ser que e un poco máis movido, e rematará La Matumbá, será entón cando se anime de verdade a festa, paradoxicamente coa banda de menor custe e única galega por certo.

Ao mellor estou errado pero o tempo (espero que bon, climatoloxicamente falando) dará ou quitará razóns.

O domingo, o ano pasado era penoso ver as 20 persoas contadas que estabamos no concerto de Budiño, o festival folk (xermolo do do Queixo) e xa que se lle quitou o do sábado e preciso potencialo, non basta con traer os mellores (véxase Milladoiro) e despois un acompañante, non e suficiente e a vista está.

Non digo que a idéa de pasar o rock para o sábado sexa mala, o contrario, respecto a festa foi o mellor que fixo o novo goberno pero eu teño moi claro que calquera dos festiváis que se fixeron nos tempos do PP superarían en peña os de agora no caso de que os houberan pasado o sábado, e xa me fode ter que recoñecerlle algo os do paxarraco.

A Festa dos Botes e outra historia, tempo teremos de falar dela.

Ao mellor e que me quedei atrancado no pasado pero sinceramente prefírome anclado nos Búrning e compaña. Falando de Búrning e a sua actuación nos Botes de fai un par de anos creo que moi poucos dos concertos celebrados ultimamente uniron e fixeron bailar a pillería de aquí como ese recordando ós tempos da esquencida Xuventude Arzuán.

Insisto en que todo isto e unha opinión persoal e por suposto do máis rebatible e criticable.

Saude e Jas:

Sexto (Villantaimes).

Anónimo disse...

Boas:
Estou dacordo con todo. Está claro que os comentarios dan lugar a malos entendidos. Pero que conste que en ningún momento tomeime a mal os comentarios de faNdiño... Se eu son un firme votante do MIEU!!!

Por certo, se Marlango toca a primeira hora retiro parte das criticas. Van levar moita xente a Arzúa e non lle van a cortar ó rollo a ninguén. Correcto.
Pois o dito, que agardo vernos por alí tómandolle uns tróspiros..
POr certo, más que Santiago son de Sar, que son cousas distintas.. estivemos de festas o outro día (san blas) Moi boa a orquesta Cinema, para ser unha orquesta.
APERTAS PODEROSAS!!

Anónimo disse...

Boas meus, estou contento machos, falando entendese a xente, é eiqui nestes comentarios vese. Cada un ten a sua forma de ver as cousas e pareceme cojonudo, a ver si entre todos damos mellorado, pouco a pouco, este noso país. Con mentes como as vosas seguro que si.
E en relación coa Orquesta Cinema, decir que tiven a oportuninade de vela nas Festas do San Agustín de Visantoña no 2005. E a verdade e que o segundo pase, e caña da boa, un repaso ó mellor rock dos 80 e dos 90. Moi bos. Veña amigos, pallas viño e folk and rock :)

Anónimo disse...

Respecto o que comenta Fandiño dos efectos colaterales nas tendas e demais establecementos de Arzúa o ano de Ojos de Brujo e Solo los Solo non estou totalmente de acordo con que esa fora a primeira vez.

Moitos anos teñense pasado apuros no caso de abastecenmento, e falamos de domingos, estou seguro que concertos nos que estiven presente como Seguridad Social, Siniestro Total, Raimundo Amador,Mojinos Escozios, Rosendo, Enemigos, Ska-P, Os Suaves, Celtas Cortos, Ronaldos ou mesmo Amistades Peligrosas (falando so de Rock) en caso de ser sábado os cheos houberan sido bastante maiores que os que se deron estes anos.

Por suposto que esto vai dende o punto de vista de alguén que non habitua a ir a festivais nos que un non acabe facendo máis kilometros que o Freire.

Non me imaxino eu en Pardiñas, en Zas e demais arrimado a un carballo pasando frío.

En fin que cada un que se apañe como máis poida, o máis penoso e que chega unha festa como esta da que se debía sentir un do máis orgulloso e ese sábado hai máis xente de Melide aquí que os propios de Arzúa, os de aquí marchamos a Touro, melide ou mesmo Ordes, e despois queixamonos.

Saude.

Anónimo disse...

É certo falta cultura de concertos nas nosas comarcas, pero así é todo, sen non é polo Queixo ou os Botes, probablemente eu persoalmente non vería nunca na vida a retahila de grupos que nombrou Sexto, o único que non vin foi os Ronaldos, e que decir daquel concerto mítico da Polla rEcords, que por idade non tiven a sorte de estar ali pero aínda hoxe falando con xente mais veterana calificano de mítico e rompedor. Por 31 anos mais de Queixo e Rockandroll, sabado, dominjo ou lunes a tardiña, e felicitarvos de corazón, porque como ben sabedes no meu pobo non se estila moito esto dos concertos, a non ser iniciativas puntuais. HAI QUE IR OS CONCERTOS CONAAAA, sen máis un saúdo a todos los curuñeses. Viva la curuña, viva españa, Adios sir pacooooooooooo

Anónimo disse...

vale rafi ti na tua liña.
decirvos a todos que moi boa ten que ser a festa para que cree tanta polemica, lembrarvos este ano o super san roque que tivemos e nin queixas se oiron xa que a xente da taberna estaba mais preocupada polo que iba acontecer na nosa festa.
en canto a Marlango decirvos que a min e un grupo que me gusta e que non creo que vaia ter outra posibilidade de velos de balde tan preto da miña casa, asi que agradezco igualmente a sua presenza(a cabalo regalado non lle mirelo gramo!).
en cato a muchachito creo que vos vai sorprender a tod@s posto que ainda que non vos entre a musica que fan(cousa que dubido)sempre é un espectaculo digno de ver a un home pintando un cuadro no tempo que se fai un concerto.
da matumba mellor nin falo, xa que son os maximos responsables de que eu non habendo causa de forza maior este ali como untrinquete plantando lume no meu corpo con uns tragos de licor café.
lembrarvos a todos a presencia de R3 en arzua ese fin de semana cousa que lle eleva moito o cache pero que creo eu ten algo que ver na eleccion de grupos como o polemico marlango.
unha aperta a todolos fieis da raia do medio da nosa Galiza

Anónimo disse...

Saudos Amiguete:

Pareceme ben pero si o prestixio que lle da R3 o festival trae consigo ir a estilos nos que está derivando a Festa do Queixo eu sinceramente prefiro que non veñan.

De seguro que cando retrasmitan o concerto o domingo pola mañán o de Lamatumbá non o dan e eu aposto que vai a ser o máis movido (espero).