quarta-feira, fevereiro 01, 2006
Programaçâo do Jatoperio para este mes, menos mal que é pequeno (o mes digo)
Nani informa:
Tachán, tachán, o informador persistente ataca de novo, unha vez máis o planeta vese amenazado por unha invasión de rocanrol procedente da reserva india do PUB GATOS (Wichita-Melide) e que se extenderá ó longo de todo o mes de Febreiro, mes do noso querido antroido (ai, ¡cántos antroidos andan por ahí!).
A primeira operación especial da invasión terá lugar na referida reserva o Venres día 3 co punk rock de andarporcasa dos vigueses ESSENZIA DE LAPPO (o de andar por casa e porque tocan en pillama e bata) acompañados dos dezanos KASO APARTE, que máis concretamente e conforme á súa cartelería fan porkarrada dende Dozón, a festa sonora está garantida e prevese infrinxir moitas baixas ó enemigo (probe Bisbal)
O Venres 10 descansaremos un pouquiño para recuperar forzas e así o Venres 17 atacaremos de novo dende esta reserva ó son dos madrileños BUEYES PERDIDOS que provocarán unha auténtica estampida de rock ó máis puro estilo de Tequila e Los Rodriguez. Será demoledor para as forzas expedicionarias dos bacatas (Desta vez forzaremos o exilio definitivo de Modern Talking).
Para rematar e xa moi preto do noso querido Don Carnal (Ricki non te disfraces de Danny de Vito que te recoñecemos) chegará un grupo do sur da provincia de Pontevedra (non sei concretamente de dónde) presentádose coma os brilantes vencedores do certame NOVOS TALENTOS de Agosto do 2.004, eles son: HEISSEL, que despois da batalla do Festivaal do Norte garantizan unha nova victoria sobre a música comercial, ca súa mestura de funky e pop-rock o que fará que as huestes contrarias emprendan unha veloz retirada (Busta: estás rodeado.Non che queda outra que fuxir para a formigoneira)
Ja,Ja,Ja, a victoria definitiva está preto, nunca tantos lle deben tanto a tan poucos (frase dita polos cheas de Melide ós taberneiros do pobo).
Coma sempre os concertos son a partir da unha da mañá e ca entrada totalmente de balde. Graciñas a tod@s, e nunca empreguede-la violencia. NON A CALQUER TIPO DE GUERRA. Saúde e moito r´n´r. Nani.
pd: fOTO DO CONCERTO DE kertuler, grupo de noia, admiradores da música popular. NBA.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário