segunda-feira, março 27, 2006



CIRE 0 SIGRÁS 1

Ó chover tanto estos días o encontro disputouse en Vilasantar nunha tarde de craros e nubes e cun vento racheado de bastante intensidade. Cecais as características climatolóxicas foron o detonante da derrota dos melidâos perante o Sigrás, sen dúbida un dos peores equipos de todo o grupo IV da terceira rexional galega.
Nós en ningún momento do partido fumos superiores e o desánimo e as cabezas baixadas dominaban entre o noso plantel, sempre hai excepcións e houbo varios xogadores o nivel habitual. En definitiva, partido sin historia de pouco fútbol e poucas ocasións de gol. O gol do Sigrás foi convertido de falta ó borde da area mediado o seugndo tempo. Forza rapaces e a pensar xa no seguinte partido.
O fin de semán si que trouxo unha boa nova no deporte melidense, e cando falo de deporte melidense falo de futbol e futbol sala porque aqui outra cousa non vos ahi meus, é unha mágoa. Pois esa boa nova foi o ascenso conquerido coido que polo equipo infantil do Cire. Cando teña mais datos comentareinos. Noraboa rapaces sodes o futuro. Pra non esquecernos do noso vetusto campo ahi enriba tedes unha foto.

1 comentário:

rikimelide disse...

Tes razón Victor xa o vin onte na "Coz", un xornal decente pero que ten moitos erros nas clasificacións. Falando do 14-0 doutro dia con "veteranos" ilustres do fútbol melidense contaban as anecdotas de cando chamaban o "Marta" os do "Ideal Gallego" o domingo a tardiña pra saber os resultados e o Habanero normalmente espetáballes o primeiros que se lle viña pola cacholiña. Ay, o cuarto poder. Veña un saúdo os monxes.