segunda-feira, março 06, 2006




XA VOLVIN A REDE

Boas xente, xa ando outra vez por eiqui, se alguen me botou en falta a culpa vaina levar o Antroido e a vagancia, pois eso que nesta ultima semana foi tempo de Don Carnal, e dunha goleada do Cire por fin ante o Oza dos Ríos , que se nos resistian os cabrós, que nos eleva na táboa. O Antroido moi ben, o venres no 13 na festa dos oitenta de pincha, que choio mais rebentado é que che pidan de todo ó mesmo tempo pero sarna con gusto non pica e o Luns no Lar, ou mellor dito no Encu-lar onde convertimos a taberna de Oscar nun local de ambiente o mais puro estilo Chueca, para mostra as fotos que vedes ahi enrriba e pocuo mais para hoxe, hai que ir amodo, ah dous venres sen emisión en Radio Melide da Hora Amiga, o venres de antroido por non presenza nosa, había que alicatarse -nos e o local, e o pasado por que nos cortaron a emisión dende o Centro Emisor do Coto Pilar en pleno Bocelo, aínda non sabemos porqué xa vos informaremos, e tamen terei que falar do Queixo de Arzúa onde o tempo xogou unha mala pasada. Veña meus.

3 comentários:

rikimelide disse...

Estou dacordo Laconista, hai que fuxir cara diante, e seguir coa sendo coerentes a moita honra, pouco a pouco todo virá o redil. Um saúdo as terras veciñas.

Anónimo disse...

Digo eu... Q divinas que estabades de "jays"! JuapiRmasss!!!
Saúdos vecinh0! :P

rikimelide disse...

A verdade é que non tiven moito tempo pero haberá que escomenzar a buscalo de onde faga falla, un saúdo a Victor e a Laura tamén (juapas juapas non, pero o dia de gays tiñamos un Papel-aso), unha aperta a tódolos que entrades, e o "pub" olympus tamén, jejje, creo que se aparta por a chamada rotonda "Diego Tristras" veñaaaa