segunda-feira, junho 19, 2006


PORKA MISERIA, NA REDE¡¡¡¡¡
Xa mo comentaran o outro día, e hoxe mandóume un emilio Miki coa dirección completa.
Unha grata sorpresa. Xente de Melide: Barral, Rubio, Sindo, Juanjo e Chueka, armando boa música,cun proxeto moi bonito que esperemos teña todo o apoio que se merece.
Melodias de Combate, vai ser o titulo da ópera prima destes músicos novos pero con moita tradicción e experiencia no eido da música independente.
Punk, ska, boas letras e actitude son alguns dos argumentos desta nova proposta cultural. Sen dúbida ó escoitalos un acórdase doutros grupos que tamén o intentaron no panaroma da música melidá, Cero en Conducta -nos 80-, Kuarto Barreno e TNT-nos 90- e Chumbaí -mais na movida folk no 2000-. Que teñan toda a sorte que lles poido faltar ó resto e que sigan dicindo as cousas como as pensan, está claro que a néboa do Furelos, perto do seu local de ensaio, failles ter os pés no chao e as ideas moi clariñas. "Mexan por nos", semella ser o single-relacións UE con Galicia, aínda que o resto de temas teñen moita forza :"Porka miseria", o drama da inmigración, "Mundo de cristal", a hipocresia da sociedade e por último "Y el mundo kalla" onde denuncian o pasotismo da sociedade occidental no conflicto entre xudeus e palestinos.
Se queredes escoitalos só tedes que premer aqui: Porka miseria.

2 comentários:

Anónimo disse...

Deséxolles moita sorte porque sei que curraron moito esta maqueta. Proximamente poderemos ter acceso a ela, son 11 temas con moita forza e con moi bos arranxos.

PD. E haber se é verdade que por fin un grupo melidense dá un pouquiño de gherra

Anónimo disse...

miki, metiches algunha gaita nesa maqueta?, contanos algo, adiantanos algo, santamaría.
E dicirlle o conde orlock que volte do seu retiro en transilvania e que xa hai un cantautor co meu nome, non lle hai que facer, el chegou primeiro:
http://www.rikilopez.com/