segunda-feira, junho 26, 2006


Se nesta findesemán se daba pistoletazo de saída o vrau, non poido ser de millor xeito.
O venres a xa tradicional churrascada na área recreativa do Río Furelos, a que xa levamos acudindo unhos cuantos anos, honramos a noite mítica e máxica do SanXoán, a unhos poucos metros nosa no Ruzo, a peña do 13 facia outro tanto do mesmo con banda sonora incluída, si, os mismisímos Porka Miseria amemizaban a festa, coido que aínda deben estar tocando, jajja, vaia maratón meus.
O sabado e o domingo tamén tivo lugar a Feira de Mostras do Interior de Galicia, no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide. Nova no Correo.
E o sabado a noite os astros conxugáronse para dar forma a un dos mellores directos dos últimos anos no Pub Gatos.
O concerto sorpresa que con tanto tino nos tiña agachado Nani resultou ser un "ensaio do directo do verán" dos non menos míticos e máxicos, os putos Ruxe Ruxe.
Se non me credes, estiverades alí e disfrutarades como o fixo o numeroso público que ali se congregou. Digamos que a xente foi "in crescendo" a medida que os Ruxe repasaban o reprertorio para esta tempada estival.
Coma toda boa descarga, a historia escomenzou cun pouquiño de retraso sobre a hora prevista, seguramente as boas viandas e os pratos típicos de Melide levarán a culpa.
Temas míticos da banda mesturábanse con novas composicións, que formarán parte do vindeiro disco, "Comercial", poñendo a guinda a dez anos coma combo(como pasa o tempo, meus.)
Sexto de Vilantime e alma máter do San queremos, ó meu lado, díciame que botaba en falla o violin de Xulio Zé mais o acordeón. Pero coincidíamos os dous en que agora as 22 cordas, (18 de guitarras eléctricas e 4 de bass-drum) bouraban quenindiola, apostando un pouquiño mais polo rockandroll sen deixar de embaucarnos coa marabillosa gaita de Xaco Barona e o vento de Xan.
Jimmy Güey e Zapa en boísima forma, non sei se firmarían un pacto co diaño no cruce de Aríns-San Lázaro, o certo é que asinaban con notas de raiba no libro de ouro do Gatos.
Ese baixo, correctísimo en todo momento, e a nova batería (quinto concerto no Gatos xa do batera, antes veu con Rever e outras bandas) poñían o ritmo adecuado en cada peza, o homiño das baquetas estaba reventado ó final do bolo, que mellor exemplo para demostrarvos que os Ruxe o deron todo neste íntimo e fraternal concerto.
Pero que serían os Ruxes sen o poeta de Aríns, o home que ten que escoller entre oitenta composicións propias, e deixar prendido ó carón do Bar Victor o tremendo Lobicán, deixar acougar os frailes, Sesto non poido ser pero para os Botes son testemuña de que a tocarán, sin os seus bailes.
O Vituco, exemplo de actitude, aptitude, coherencia, autenticidade, xenuinidade, enxebreza, cercanía, e creatividade, confesábanos ó remate que disfrutara coma nunca nas táboas do "garito mais auténtico da Galiza".
Se eles o pasaron ben, os que estabamos en fronte aínda mais, sudamos os sete sudares, saltamos,berramos,anícamonos, bailamos, e en definitiva disfrutamos coa catarse ruxeliana nun sabado dunha noite de xuño, antesala do verán que se nos avecina.
¿Quen dixo que o rock estaba morto?, seguramente o que o dixo si está morto, pero de medo a que lle vaian ó lombo por non estar este sábado no feudo Nanista.
Nunca pensei que duas horas e media podían pasar tan axiña, pero pasaron. Seguramente o esprito de Joe Strummer rondou a esquina das Ruas Galicia e Pardo Bazán de Melide esa noite. Porque os Ruxes sonche así meu, puro disfrute enriba dun escenario co fin único do goce da platea e deles mesmos.

A descarga que preparon para este vrau, é sen dúbida brutal e maxistral, un descenso os infernos da música sen acougo e sen descansos entre cancións. Distorsión e dinamismo nas eléctricas e paixón e virtuosismo nos ventos do país.
Se as cousas non se entortan moito, case me atrevo a dicir que estarán este ano no 60ª edición da nosa festa mais querida, O San Caralampio, pero antes podédelos ver pretiño da nosa vila, nos Botes de Arzúa e no Festival de Pardiñas-Guitirirz (Lugo). Non che han defraudar. Son os putos Ruxe-Ruxe, dende Aríns ou dende Millí para o mundo mundial. Sorte meus, e dez mil primaveras mais para o rock galego.

3 comentários:

Anónimo disse...

Posme pel de collón de cuco meu!.... foi a ostia o sábado porque a ostia é a xente de millí, fene e arins.............. de putamadre o polbo que retrasou a historia... jajaja!... se o verao comeza desta forma, desta forma ha de rematar... tiñamos que montarlle unha para a volta das vacacións.... cagondios, xa empezo a liala e ainda faltan meses enteiriños....... un pracer enorme, coma ti meu! mira que eres ghrande!

saúde e rock'n roll

Anónimo disse...

Descarado, esquecime da xente que veu de FENe, vaia fallo, jejje ás presas nunca foron boas, a volta das vacacións o concerto de peche, sería a oxtia, jajja, todo se andará, veña un saudo a todos

Anónimo disse...

Gracias polos teus parabéns, agardemos que "Riki" o ex do Getafe lle de tardes de gloria a equipa branquiazul, e haberá que comprar a camiseta logo.
E, gracias tamén pola tua critica do concerto dos pucelanos, sabía que estaban en Guitiriz pero esquecerao por completo, vinte anos xa, bon grupo os "Celtas", sempre me gustaron. Veña un saúdo a terra Cisterciense do interior.