segunda-feira, janeiro 29, 2007

MOITO XURXO
Proseguindo esta escolma semanal fíxome moita gracia a viñeta que publicaba Xurxo no seu blogue www.xurxo.net o pasado 22 de xaneiro.


Tamén colgou o Xurxinho un vídeo no que aparecen os siareiros de Melide o 29 de decembro do 2005 cando a Selección Galega de fútbol debutaba nesta nova etapa perante Uruguai.





Nela vemos a vellos coñecidos e pódovos dicir que o pasamos en grande, cecais un pouquechiño mellor que este ano en Riazor, que tamén non che estivo nada mal.

3 comentários:

Anónimo disse...

Home, pois mira ti o que son as cousas, grazas a esa viñeta demos coa páxina dunha xente de Becerreá (Lugo) coa que estamos a facer moi boas migas.

A sua dirección e:

http://www.becerrea.net

No seu foro(http://www.becerrea.net/foro) teñen un apartado chamado Caixon Desastre que ten infinidade de cousas curiosas, si queres pasar uns momentos divertidos botalle unha ollada.

Alí alguén colgou un tema que leva por titulo Venta por Ebay, este e o seu enlace

(http://www.becerrea.net/foro/viewtopic.php?t=120)

A historia empeza coa mencionada viñeta, das patacas vai pasando o sacho para rematar falando do noso Campionato Mundial de Arrebolamento de Sacho.

Pois eso que isto da Internet e todo un mundo no que nunca sabes cando salta a lebre.

Saude e Jas!!!

Sexto

Vilantime

Anónimo disse...

Sexto esto non é a rede é unha Cumbeira jajaa
veña saude e jas-jas que o sabado estan Ruxe.Ruxe e haberá que pedirlle a do fraile ou?

Anónimo disse...

Di que si, temos que estampinar o Gatos, hai que botalo abaixo literalmente.

Non sei agora coa presentación do novo disco pero antes e segundo me comentou o gaiteiro do grupo nos ensaios o día da Festa dos Botes fixérano fixo (con nova letra) no seu repertorio despois da brasa que lles dei o día do derradeiro concerto no Gatos.

Seica unha vez que o tiverón que repreparar (vaia palabro me saleu) para aquel concerto dos Botes pois facía moito que non o tocaban decidiron mantelo. Haber si sigue sendo así.

Máis lles val pois do contrario todo será volver a darlles outro boa comedura de coco.

Pois eso que nos vemos o sábado no templo do Nani.

Saude.

FRAILE O QUE NON BAILE !!!!!!!!!