terça-feira, janeiro 16, 2007

OUTROS EQUIPOS DA NOSA TERRA

En Melide tamén existiron equipos de barrio e ligas pequenas, onde xogaban o Benfica, o Mabar (abreviación de MAdrid BARcelona, xa que no equipo xogaban hinchas dos dous clubes) etc, e unha desas escadras tocáme bastante de preto, non porque formara parte del, aínda non nacera, senón porque moitos dos seus membros son meus veciños actuais ou fórono.
O equipo chamábase C.F.San Roque e formábano xogadores da Avenida de Lugo, Cantón San Roque, calle do Sol, estrada da Golada, zona da Martagona etc ... A esta formación corresponde a foto de embaixo que foi tirada en 1974 no Campo Municipal dos Chacotes en Palas de Rei, onde estes mocosos lle gañaron o mesmísimo Palas por 1-2. Para desprazarse os propios rapaces tiveron que pabar o bus (o Mosquera daquela época) a 60 ptas de escote. Tamén teñen unha lenda cos uniformes que non recordo ben pero que Fernando "Benitez" Blanco me contou fai algun tempo e tiña a sua coña.
Forman de esquerda a dereita e de pé: Víctor de Roque, Malén Pampín, Litos do Avenida, Antón Laya, Enrique Vilariño e o recordado Chago Prado (Chiqutín); agachados: Antonio Varela (coruña), Miguel Prado (Finfa, irmau de Barullo), Emilio León, Fernando Citroën "Benítez" e José Antonio Pin Puga.

O primeiro equipo en estar federado de Melide non foi o Cire senón unha escisión creada nos últimos setenta chamada "Atlético Mellid" , mestura de veteranos e noveles; para a historia formaron de pé e de esquerda a dereita: Kiko krinkas, José Manuel Pazo, Víctor de Roque, Juan Cea, Paco Costoya e Antonio Coruña, abaixo, J.A. Pin, Suso Mosquito, Ramoncito Lareo, Antono García e Jesús Varelita.

Os campos onde se practicaba o deporte rei foron dende as Granxas (zona donde esta hoxe o centro médico) onde os regos de agua facían de liñas de banda e as pozas eran improvisada piletas, o Marco (onde está agora o colexio nº2), a Bacariza, Priorada, o "prado dos pitos", etc. A parte dos xogadores do pobo e arredores non era raro que algún mozo que realizaba a mili no Campelo xogara cos melidaos, ou xente que estivera traballando de paso, como axentes da benémerita, empregados en Previsión etc etc,
Hoxe no 2007 da gusto saber que temos unha historia e que aínda hai sagas familiares que siguen a dar futbolistas a este pobo. Sen dúbida é o deporte un dos hábitos mais sociais que coñezo e que mais forman o carácter dun individuo.
Gracias a Antonio "Coruña" por aquel reportaxe do 1997, que nos achegou algo mais a esta terra e as suas xentes e a Jesús Carlos que aportou no 2004 mais recortes de ruta, unha ruta que vai poñer punto e seguido dentro de pouco cando o campo da estrada da Golada se convirta nun dos mellores da redonda. Saúde e mil primaveras mais para o "football" da nosa... vida.

2 comentários:

Anónimo disse...

Falaba eu de mini reportaxe cando publicaches as primeiras fotos históricas pero a esto o de mini xa lle queda moi pequeno. Impresionante meu. Hai uns meses vin unhas fotos históricas do Compos (por certo, vaia pena o que se fixo con ese equipo) que expoñían en Santiago, pero estas, xunto cos comentarios e as anécdotas coa man inconfundible do maestro riki, non lle envidian nada.

Anónimo disse...

Xa será menos, jeje, alegrome de que vos gustara, a ver se me deixa Alfonso as fotos do "benfica" e do "mabar" e xa contatei con pucha que ten unha chispa delas, onde por certo sigue saíndo na mesma posición jajja