quarta-feira, março 07, 2007

ESTAMOS DE VOLTA: UN POUCO DE BALOMPÉ PARA EMPEZAR.
Dende a paradóxica data do 23-F que non escribía nada, e a verdade é que non sei por onde empezar porque dende ese tempo ata aqui pasaron bastantes cousas, a ver si son quen de contárvolas.
Aquel 23-F houbo concerto no Gatos do grupo estradense-quirogués Nao, actuación que non defraudou a ningúen e que confirmou a boa forma na que está o rock galego.
O 25 de febreiro, día de feira, quedará na historia como a data na que se xogou o primeiro partido oficial no campo novo do Cire. Facía décadas (finais dos oitenta, principios dos 90 cando aínda se disputaba o torneo do San Roque onde pasaron polo campo da estrada da Golada conxuntos coma o Lugo, Compostela, Lalín etc etc) que non se vía no campo, bueno agora xa casi estadio, tantísima xente.
Tantos anos de promesa e ao fin o novo campo é unha realidade. Que ledicia.
O partido veu precedido por un acto previo de inauguración e o rival que compartiu privilexio de entrar na nosa historia foi o Galegos de Frades.
Tódolos espectros sociais estaban aquel día no campo, históricos xogadores (deixaron o campo cheo de babas por non poder ofrecer o seu fútbol dantano nestas modernas infraestructuras), autoridades (no palco-vip), nenos (o sábado xa había rumores de que había agasallo de balóns, e xa se sabe..), estudantes, xubilados, parellas, pandillas, etc etc
O espectáculo no céspede mais ben escaso. O Cire dominou pero tivo que conformarse cun exiguo 1-0. Peque e Tarrío non tiveron sorte. A media hora de xogo a primeira tangana sobre o artificial céspede, tres expulsados (2 dos de Frades, un dos nosos). Os siareiros non animaban moito e os que acudimos sempre pois tampouco, ambiente frio. Tres puntos e a agardar a visita do Toques este domingo, nun partido que se promete moi disputado, agardemos que a victoria caía do noso lado, é dicir das Barreiras p`acó. Temos que saír alomenos tan motivados como no partido de ida.

A falta de imaxes puxen enriba unha das publicadas no blog do Cire, que por certo, xa superou as cinco mil visitas, noraboa Santi polo teu traballo por este clube, doble mérito se considermaos que vives en Palas, aínda que xa eres un melidao mais.
Blog do Cire.
Para acbar o capítulo fútbolistico, as categorías inferiores do Cire tamén disfrutaron do campo en sendos partidos amigables perante o Chantada e o Santiso, cadetes e xuvenís respectivamente. Sufrimos duas goleadas ante equipo de maior entidade e de ligas superiores. Destacar que os Cadetes foron campión da súa categoría e o ano que vén xogaran en Primeira Autonómica.
No fúbol sala seguimos terceiros a tiro de pedra da segunda praza que nos daría, malo será, o ansiado ascenso a Autonómica, a dupleta de adestradores Neira-Conde sege aspirando os obxectivos incicias, mágoa que os partidos como local os teña que disputar no veciño concello de Toques, debido os problemas que está a sufrir dende xanerio a nosa pista do pavillón municiapal, para quen non o saiba, instalouse unha pista de xeo sintética enriba da pista e o aceite que se botou na superficie para que esbararan as coitelas dos patins filtrouse na pista polideportiva (aínda que só esta pintada para fúbol sala) e ese aceite fai que ó único que se pode xogar agora é a manter o equilibrio e non romper unha perna.
Agardemos que os traballos de reparación con productos químicos dean resultados e senón pois que a empresa instaladora pague o pato e que se cambie de superficie, se pode ser parqué mellor que mellor.

4 comentários:

Anónimo disse...

Bueno, primeiro de nada, decir que xa nos tiñas preocupados.Eu menos mal que te vin campo este fin de semana (gracias, porque sempre que podes ves apoiarnos) porque xa estaba a piques de chamar a Paco Lobatón.E segundo darche as gracias polos "piropos".Son de Palas, certo, pero agora tamen me sinto algo melidao (como di ti)e tamen berro:si,si,si somos de Millí. E xa para rematar, dis na cronica que: "Os siareiros non animaban moito e os que acudimos sempre pois tampouco"; decirche que vos xa o facedes todas as semanas e non so en Melide.Gracias.
Un saudo e Forza Cire.

Anónimo disse...

Ok Santi, un saúdo para ti arbitro-adestrador-xogador-webmaster etc etc. Este domingo 2-0 polo menos.

Anónimo disse...

Welcome back RIKI.......
Primeiro de todo a miña noraboa a todo o mundo vencellado ó CIRE polo mais que merecido novo campo de futbol. Xa lle iba tocando tamén. E cando digo todo o mundo refírome xa non os que están na actualidade xestionando o clube, se non a todos os que estiveron no pasado e ós que están por vir no futuro. Tamén é momento de lembrarse dos que loitaron polo deporte en melide, e xa non están entre nós. Onde queira que esteñades. GRACIAS!!!
Riki, Agora toca meter presión pra solucionar o tema polideportivo. Non crees?
Por último comentarche que me dixo meu irmao que tes pensado colgar no teu blogue imaxes do Martes de Antroido Melidao. Agardo ditas imaxes con impaciencia. Ata pronto. Bicos:FIZ

Anónimo disse...

Unha aperta a todos meus, gracias por estar ahi.