terça-feira, julho 24, 2007

CONCERTOS INTERNACIONAIS NA VÍSPERA DO 25 DE XULLO.
Os que andedes hoxe por Melide tedes a oportunidade de asisitir a actuacións musicais multiculturais sen papgar un peso.
No 600: Leda and The Swan, rock alternativo dende Kiel, Alemania. Estan de xira por Galicia e se os queres escoitar podes entrar aqui, no seu myspace.
E no Gatos para rematar os concertos deste mes do Apóstolo , chega dende Birmighan (Gran Bretaña) un programa doble con ANIMALES DOMESTICOS, grupo de corte eminentemente instrumental que podería calificar de free jazz-rock psicodélico. Con batería galego na súa formación, moi coñecido nos ambientes automovilísticos galegos, de feito foi co-piloto do noso veciño Javier Anido e colaborou en ocasións ca escudería de Ferreiro, MOTOR MELIDE. Tras eles actuará o brasileiro MOISÉS DOS SANTOS E O MANGO TRIO, no que participan membros dos Animales Domésticos facendo unha mestura de rock, bossa nova e samba que darannos alas para toda a noite, viva a festa.
Verbas sabias de Nani.
Pois xa sabedes se non estades en Compostela vendo arder á Catedral non tedes disculpa.

8 comentários:

Anónimo disse...

Hola Riki, informame sobre unha dubida que teño sobre o futbol
¿Cales son as categorias con que xogara o CIRE a temporada 07-08?
graciñas, un saudo

Anónimo disse...

veteranos seniors xuveniles cadetes infantiles e estase a mirar se se dan feito alevins

Anónimo disse...

a polas 40000 visistas riki

Anónimo disse...

SON A 40000 visita

Anónimo disse...

Noraboa anónimo, eu non che podo regalar nada como o turista que saiu nas novas desta semana que vai poder viaxar gratis por ser o cliente 10.000.000 pero bueno, pasaches a historia deste blog.
A verdade que cando empecei con isto non pensaba en chegar tan lonxe pero xa ves...
Veña un sáudo a todos os que fixestes e facedes que academos cifras desorbitantes, jaja.

FIZ disse...

Parabéns RIKI.

As tuas cifras ben o merecen.,
Que non decaiga.

A seguiren Así.

Bicos Doutor.

pepetrola disse...

Felicitaci�ns por esas 40.000 visitas, que se din pronto, pero ben se sabe o que costa chegar a elas.

Lin a� atras que vas facer alg�n articulo sobre as bandas que houbo e hai en Melide, molame a idea, solo dicir eso. Ac�rdate do cabr�n de Nino tocando en Kuarto Barreno, mitiqu�simo. XDDD

Anónimo disse...

RIKI INFORMARTE DENDE SOBRADO QUE REPASANDO A PAXINA DE PARDIÑAS XERMOLOS APARECE UNHA FOTO TUA NO ANO 2003 QUE CARA DE CATIVO TIÑAS NADA MAIS