quinta-feira, julho 12, 2007

Outro fin de semana tremendo nos agarda,
VENRES 13 de Xullo
Às 10 h. no pavillón do actual Instituo de Melide, teatro a cargo do grupo CHARAMELA
Á 1 h. no Gatos dende Holanda e con acento galego na batería chega un grupo de tributo a BOB MARLEY: "DEAN CURTIS & THE EASY SKANKING" que nos farán pasar unha noite máis ca agradable a ritmo de reggae e cunha formación multiétnica e multinacional.
A mesma hora no 600, Cornelius funk-rock dende Vilagarcía con Andoni "chiquitín" ó baixo dende Vilagarcía.
O venres tamén inauguración do Pub "Clap" (onde estaba o BoBoa).
SÁBADO 14 de Xullo.
Este sábado 14 de xullo, o Concello de Melide acolle unha intensa actividade cultural.
A partir das 6 da tarde e ata as 10 da noite, haberá animación de rúa cos pasarrúas “Os quinquilláns”, a banda de gaitas “A Mazaroca” e o cuarteto de música tradicional “Sanfonhía”.
Ás 9 da noite, na igrexa parroquial, terá lugar a actuación do coro “Solo Voces”
Finalmente, ás 10 da noite, nas pistas deportivas do Edificio Multiusos, o grupo máis emblemático da música galega, Milladoiro, ofrcerá un concerto que promete emocionar a todos aqueles que sintan a música do noso país.
Con motivo do concerto de Milladoiro este venres despois das 19.00h en Radio Melide haberá unha edición especial de "A Hora amiga" con entrevista incluída a Pepe Ferreirós, membro fundador e músico de Milladoiro.
Á 1.00 h no Gatos, ITH, grupazo das terras de Boimorto e Xanceda (Toxo, Folgueira, Miguel e Pablo), que estrearan vocalista nesta actuación (Manuel de Teixeiro).
Inauguración da discoteca-teatro Palladium (antiga Scorpio-Bule Bule-Xanadú-Zoe etc etc), con Misses e Místeres.
15/16/17 Festa do Carme en Melide e Arzúa etc etc.
Veña pasádeo ben e con sentidiño...

7 comentários:

Anónimo disse...

riki¡¡¡ e tamen este finde semana a agrupacion castelo , gaitas , canto e baile vai actuar no festival folclorico de sada .
unha aperta

Anónimo disse...

ali estaremos a pasalo ben e a facelo mellor ainda

Unknown disse...

Moi boas amigo, aproveito que pasaba por aquí para saudarte e darche un pouquiño de información musical no que a Sobrado se refire.

III FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE

Sobrado, 18 de agosto de 2007

(Día anterior a VIII Edición da Feira da Troita -19 de agosto-)

22:00 h DANI LÓPEZ (Praza do Concello)
23:30 h TRANSPORTES HERNÁNDEZ Y SANJURJO (Explanada do Pavillón Polideportivo)
00:45 h LOQUILLO Y TROGLODITAS (Explanada do Pavillón Polideportivo)

Ademáis como ben sabes tamén ando metido na Comisión de Festas da Festa dos Dolores con outros trastes de estos lares que ti coñeces, este é o cartel:

FESTAS DA VIRXE DOS DOLORES

Xoves 13 setembro

DOLORES "DE KBZA" ROCK

22:00 h MITOCONDRIAS
23:15 h THE MAJESTICS
00:30 h A BANDA DE POI

Venres 14 setembro

Orquestra MARBELLA
Grupo AMÉRICA

Sábado 15 setembro

Grupo TROCO
Orquestra OLYMPUS

Domingo 16 setembro

Orquestra VERSALLES
Orquestra PANORAMA

Ademáis haberá un lote de actividades o longo dos días

Nada máis

Saudos

citizenerased disse...

A verdade que, entre Milladoiro e calquera dos concertos do gatos e 600,este fin de semana promete moito.
Que grande sorpresa a da entrevista na Hora Amiga.Estará tamén amiguete tralo micro?ou aínda segue "respetando" ese contrato de non aparición en ningún medio mentres esté na grella televisiva o Gran Camiño?...Por certo
Por certo que é o que fan agora os de ITH(para mín seguerán sendo os mestizaxe-solo por toxo e folgueira)

Saúdos Grande Riki

citizenerased disse...

Por certo, sobra un "por certo"

ToquesCF disse...

Nos tamén coma victor pasábamos pra saudarte e q nos tamen hemos posto unhas pequenas datas de actuacións musicais..Saudos dende o pobo veciño

Anónimo disse...

NORABOA!!!!!!O GRUPO CHARAMELA FOI O MELLOR DO FIN DE SEMANA.OS ACTORES IMPRESIONANTES!!!!AXOUXERE MOI BEN,COMA SEMPRE.E A CANTANTE IRENE EMOCIONOU A MAIS DE UN.