quinta-feira, agosto 02, 2007


Como ben vedes xa fai unhos días que esto anda parado. Á falta de tempo súmase agora unha pequena lesíon na man dereita que aínda que non me impide escribir (senón non estaríades lendo isto) molestame un pouco así que decidin coller unhas vacacións ata nova orde (unhos días nada mais..) e así desconectar do rollo blogonauta.
Este mes está cheo de actos de toda índole no noso pobo. Na páxina da Agrupación Castelo tedes unha axenda con completa información sobor do que pasa estes días por Melide e arredores.
Concertos do 600 e do gatos, actividades do concello, concerto de rock "feito na casa", festas do sanroque, campionatos de fútbol (no San Roque e despois o de Fútbol 7) etc etc fan deste mes un rebuldeiro de cousas que hai que aproveitar.
ESte fin de semana, FESTIVAL DE PARDIÑAS, para a semana FESTA DOS BOTES en Arzúa, para a seguinte a FESTA DA TROITA DE SOBRADO (con Loquillo...), SAN QUEREMOS EN VILANTIME e moitas, moitas cousas mais que se me escapan.
As fotos corresponden unha a Gerhard Rodax, un austríaco que fichara o atletico madrid no 1990 como gran promesa e resultou ser un fiasco. Acordome del de telo nos cromos e de verlle algun partido, o tema é que sempre xogaba coa muñeca vendada e estos días ándolle imitando un chisco; e a outra, segundo me comenta meu veciño Juan , e a dun xogador da súa época que tamén lozía venda na man, Eugenio Leal, internacional roxibramco O dito saúde e vémonos nas festas........

4 comentários:

Anónimo disse...

ola riki¡¡¡ vaia por Deus , dende a capital do deza , desexoche que te poñas ben , e que non sexa nada esa pequena lesion . unha gran aperta

Anónimo disse...

RIKI NO NOSOS TEMPOS HABIA OUTRO XOGADOR DO ATL. MADRID E QUE ERA INTERNCIONAL ESPAÑOL QUE SEMPRE TIÑA A MAN DRCH VENDADA ESE XOGADOR ERA LEAL

rikimelide disse...

xa me comentara meu irman o de Leal. Andiven mirando pola rede e atopei porque levaba a "muñequera" e resulta que era por un problema de escafoides, cando lle pasou seguiu levándoa por superstición.
Seica nun partido do mundial 78 o arbitro mandoulla quitar e na banda empezou a insultalo a base de ben, do que non se deu conta e de que o línea era uruguaio e pilloullo todo.
Tamén atopei algo curioso, resulta que á raiz dun gol del o madrid na tempada 75/76 o Principe de Asturias (juez del olmo non nos mandes os juardias) declarase publciamete colchoneiro.

carlinhos disse...

Riki, córtame unha lesca ;) A mellorarse meu! Déboche uns partidos en DVD (en mala calidade, por suposto, jeje).