terça-feira, abril 22, 2008
XUNTANZA DE "BLOGUEIROS" EN AGOLADA
Co seguinte extenso programa de actividades:
11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desprazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despedidas e deica o que cada un estime conveniente.
Haberá que ir ata a vila veciña dos Pendellos, unha vila moi activa culturalmente falando.
Ligazón oficial: Blog-xuntanza.blogspot.com
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
ahora que xa me rexistrei , vou toca-los guevos coma antaño , e o primeiro eres ti RIKI xa que estas no principio da miña lista... , alen disto , decirche que teras que estar na Golada xa que , con orguio , podes dicir que tes un blog con maior nº de visitas de... SABE DIOS¡¡¡ . APERTAS RIKI .
Como non hai outro sitio para facelo,poñoo aquí.Riki,parabéns pola cambio de cara deste blog.Realmente é máis agradable para os ollos.É máis cálido.E para máis inri,consume menos enerxía.
Riki,cólloche prestado o Widget da Foliada.
Enviar um comentário