segunda-feira, outubro 27, 2008
Os asiduos do blog seguro que vos lembrades que Félix, o mais branco da foto da esquerda e autor da bitácora do blogomillo melidense Liadia, andivo por terras tailandesas colaborando cunha ONG.
Despois do seu traballo como voluntario no interior do país, Fiz tamén pasou pola cidade de Bangkok.
Hoxe póñovos en primicia unha foto que me mandou dun cartel situado no Patpong o mercado nocturno da capital asiática.
Non é unha fotomontaxe, fixádevos nos carteis do redor. Mi má, vaia franquicias que teño polo mundo. Obrigado Fiz¡¡¡
Pd: se queres rememorar ou descubrir as crónicas de Fiz dende Tailandia, picade neste enlace
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Un Pracer...Coma Sempre...
GRACIAS A TI..
Unha aperta.
Ca,moito pasea este home!
Oiches Fiz,sabes se hai Froitas León no Bangkok?
Haberá que montar unha sucursal..!
Saudos a todos :D
Santos international!
Moito Fiz, si señor.
Un tipo grande entre os grandes.
¡Saudos!
Enviar um comentário