terça-feira, março 02, 2010

UNIVERSAL OCOPUSS FROM MELIDE
Agora que rematou o II Fórum Gastrónimo d Compostela aproveito para comentarvos o seguinte : seica din os grandes eruditos e gurús gastronómicos que o pulpo (o do polbo non acaba de convencer) onde mellor sabe é no interior e non na costa.
Para os que somos de terra adentro, e en particular do noso querido Melide, ésta sentencia soanos a unha obviedade e perogrullada tan grande ou mais que a Pena da Moura.
Unha das pulpeiras mais afamadas da cidade da Coruña leva precisamente por nome "A pulpeira de Melide" pertence a familia Charrancas con ascendencia aló por outro dos grandes referentes na cocción do cefalópodo, O Carballiño.
Se un acostuma a viaxar a cotío por esta rede de redes que é a Internete, e aínda por riba ten buscado algunha vez algo (información, imaxes, videos no youtube, etc) apostaría 99 contra 100 que se ten atopado co que é sen dúbidas o establcemento melidán mais coñecido alén das nosas fronteiras, a Pulpería Ezequiel.
Iso mesmo me aconteceu a min hoxe polo que rápidamente decidin compartir convosco o meu "descubrimento" e así aproveito para como diriamos en termos coloquiais "darlle vidilla ao blog", que a verdade é que lle fai boa falta.
Ezequiel,hoxe rexentada pola segunda xeración, despois da retirada do propio Aziquiel do Violo (como é coñecido por todos) e de Mercedes, non cabe dúbida, é o noso grande embaixador diante do mundo, pelegríns de toda raza e condición esforzanse en preguntar por onde cae ese punto maracado en bermello nas súas guías xacobeas.
Agora que se aproxima a primavera e ata mais aló do outono, non vai ser raro ver o grande local encravado onde remata o Cantón de San Roque e escomenza a Avenida de Lugo, convertido nun novo Babel de étilicos cantos, o duro Camiño a Compostela deixa paso a uns dos mellores descansos posibles, intres de farra disrutando do famoso Octopuss to Party, compartindo mesa cos vellos que veñen cobrar as suas pensións e os tratantes que xa fixeron feira.
Sirva este post de homenaxe a tódolos pulpeir@s que percorreron o país das mil festas e feiras con tan afamado producto e xa de paso a tódalas pulperías de Melide que hoxe elaboran tan exquisito prato e con tan boa factura (Alongos, A Garnacha, Mosquera, Curros, Mandil, Liñares, Tita, e seguro que me deixo moitos mais, que me perdoen.
A verdade é que da gusto ver xente de tódolos rincóns da nosa comunidade desprazarase a nosa vila cada domingo de mercado ou de feira grande coa excusa de dar unha volta e ó pasar o medodiía compartir unhas cuncas e o producto do mar en pratos de madeira, un turismo existente, e que habería que cuidar.
Deixovos este link que foi o motivo desta sentida actualización : preme aquí

3 comentários:

Anónimo disse...

alkjakdljakl

Unknown disse...

Canta razón tes Riki. Un turismo que hai que cuidar, esa é a frase clave!!!

Parabéns polo post crack e grazas por actualizar.

Saudos

riki disse...

boas Victor, gracias neno, o domingo vamos tentar asaltar Queixas, tarea difícil, coincido contigo o "partido do ano", a ver que pasa ¡¡¡