segunda-feira, outubro 31, 2005

O CIRE DE MELIDE PERDE NO CAMPO DE VILASANTAR PERANTE O ATLETICO SOBRADO XUVENTUDE (3-1)

A equipa de futebol da nosa vila, o C.I.R.E, voltou a senda das derrotas despois de gañar a pasada fin de semana nun partido épico ó Curtis.
O partido disputado en Vilasantar (ertoil-arena), coma ven sendo habitual nos partidos coma local do Sobrado Xuv., fixo boa a máxima do futebol: "Xogamos coma nunca pero perdemos coma sempre". Na primeira metade os onte verdes deronlle un baño o Sobrado tremendo errando numerosas ocasións incluida un penalty que errou o noso nº5 Capi Valente. Despois de fallar dende o punto fatídico o Sobrado veuse arriba e poido conquerir algun gol. Xa na segunda metade, Jecho (un dos mellores do Cire) internouse pola esquerda, coma é habitual, e provocou outra pena máxima que non desaproveitou desta volta Diego . Pouco despois de sacar de centro os amarelos conseguian o empate nunha xogada de barullo no área. Co Cire volcado na conquista da victoria chegaron os outros dous goles do Sobrado, un penal dubidoso e un contrataque maxistral.
A fin de contas, outro partido no que se xogou ben pero faltou oficio, algo que virá (se dios quere) así que pasen as xornadas, posto que a práctica maioría da plantilla é moi nova, e a experencia non se colle nun día.
Outra das cousas que souben é que o futuro campo municipal de Sobrado, esta praticamente rematado e agardarán a xogar nel na vindeira tempada. Polo que poiden escoitar seica é regulamentario en tódalas cousas, tanto en medidas(105 x 67, a ollo)coma en céspede xa que será de herba natural e non artificial coma presumíamos algúns visto o visto no apartado de augas nas terras do tambre, leáse laguna.
Outra boa nova é que o noso, parece ser, que desta sí se vai amañar e os traballos comezarana en decembro, e a superficie será unha mestura entre herba artificial e caucho pra que non queime os xogadores.
A xornada do grupo cuarto da terceira rexional deixou resultados coma o 10-1 que lle endosou o Vizoño B ao Curtis na casa deste último.
Nós seguimos con catro putnos, de penúltimos, froito do empate contra o vizoño b (2-2) e a victoria da pasada xornada perante o pechacancelas o Curtis, ambos partidos no noso feudo.

1 comentário:

Anónimo disse...

Boas, riki!
como a cousa vai de fútbol, contareiche, como supoño que xa saberás, que se está cocendo o Galicia-Ecuador.
Como sei que o ano pasado foi unha boa tropa de Melide (como pode verse nese estupendo arquivo gráfico d´O noso bar, este ano tamén hai reserva de entradas para grupos, con algúns descontos se o grupo é de 50 ou máis.
Bueno, por se hai enteresados, déixoche o enderezo da web onde se conta todo o petate: http://www.deportegalego.eu/eventos/evento.php?id=evento_5&lg=gal

Que vai ben!