terça-feira, janeiro 31, 2006


XXXI FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA. 3,4 e 5 de Marzal

Xa sabemos quen van estar na trixésimoprimeira festa do queixo da nosa vila veciña, o Venres quentaran motores a Rondalla Moraima, Fol de Veneno e Mini e Mero(ex-Fuxan os ventos, membros da Quenlla e historia viva da nosa terra), o sábado pola noite Muchachito bombo infierno, Chambao(este si é o enlace bon) e Lamatumbá, asi que se fai frío abofé que nos quenceremos ben tanto co catalán como cos andaluces coma cos ourensás, ilustres coñecedores da nosa comarca e xente festeira de primeiro orde.
O Domingo, sesión folki, Xochilmica, e Milladoiro, xente nova e veteranos ilustrísimos pra darlle o peche a esta edición. No pregón estará Carlos Blanco un dos mellores en todo o que fai(dende a radio, a actuación, os contos, etc etc).
Así que xa o sabedes o primeiro fin de semana de marzo todos a Arzúa.

PD: Na foto, Lamatumbá o 12/9/2004 en Melide, no San Caralampio, patrono etílico máis un espontáneo.
Foto feita pola comisiâo do SanQueremos de Vilantime, outra festa inesquecible.
Thank you Sexto por tudo, e non dou feito eso tan interesante dos links, se alguén o sabe que mo diga meus, sauddeeeee

2 comentários:

Anónimo disse...

Hola a tod@s:

Pois xa sabedes ir quentando a moto para facela derrapar pola feira e a praza de Arzúa.

Riki!!! Ollo co enlace chambao.com pois leva a un a unha páxina que nada ten que ver co citado grupo musical.

Non sei se e posible nin se a TESNOLOXIA do blog o permite pero creo (modestamente) que os enlaces deberían abrirse nuha nova páxina pois facilitan a navegación e así a xente nunca se sae da tua.

O dito vémosnos no Queixo, un pouco frouxo este ano (penso eu) pero por suposto que se aproveitará o máis que se poida.

Saude e terra.

SEXTO (VILANTAIMES)

Anónimo disse...

Gracias SExto, hei mirare se arranxo esto, estas en todo meu, ali estaremos nunha das datas marcadas en vermello no calendario de calquera FEstícola galego.
Oe, a ver si che mando eso, pero como ves a cousa vai lenta, saúde e terraaaaaaa