segunda-feira, agosto 28, 2006


DEZTV, EDICIÓN MELIDE
Segundo nos conta un confidente ,que chamaremos señor X, próximamente ampliarase a nómina de medios de comunicación independentes que traballan na Terra de Melide, estamos a falar neste caso do eido das 625 liñas.
Si amigos, a mítica Canal Deza (gran programación nocturna) que agora se chama DezTV, vai empezar a emitir novas sobor da nosa bisbarra abrindo un pouco mais o abano do cuarto poder nesta terriña nosa.
Actualmente a programación propia de DezTv destaca sobor de todo no eido da información, cos senlleiros informativos comarcais(o parte) de M.Vilariño e o programa debate dos luns, A Peneira presentado polo mesmo e realizado por Manuel García.
Fai xa algún tempo que puxeron o ollo na comarca de Taberiós-Terra de Montes, mais que nada nas novas de A Estrada, presentado por unha rapaza da que non me lembro o nome, e agora supoño que quererán face-lo mesmo por estes lares.
Dende eiqui, benvidos e moita sorte compañeiros.

11 comentários:

Anónimo disse...

Pois a ver se contratan xente da terra (quen di de Melide de de cerca, Palas, por exemplo :D) que hai bos xornalistas! jejejejejeje

Anónimo disse...

Carlos, tes que poñer as medidas, para facer a entrevista:
982-110-90-100, deben ser as tuas ou?, :), Tedes que facer unha Ulloavisión, cos videos de Vitorino and company

Anónimo disse...

era o que vos faltaba, sair na tilivision XD

Anónimo disse...

Jajaja, si oh , o que non sei e cando empezan a emitir, seica o cámara vai ser un coñecido fotografo da BBC da vila.
Bodas Bautizos e Comuniós.
A ver que sa de ahi. CAndo te enteres de quen traen esta ano ó Terraactiva comentao. Moi interesante sempre o festival Galeuzca.

Anónimo disse...

Riki, agardo que alguén suba ó YouTube algunha desas xoias televisivas no futuro, para os que non podemos sintonizar DezTV cando non estamos por Melide.

Anónimo disse...

ok, marcus

Ghaiteira disse...

Ou Riki!! Debes de estar moi atareado co Caralampio que onde vai que non publicas... Comprensivo... Xa nos queda cada vez menos...

Anónimo disse...

Estos días ando algo liado, é certo. Dicirlle a Victor de Sobrado que disfrutei como un autentico enano coa Selección de Baloncesto e que tes razón no da defensa, dician que eran os gregos os que a tiñan mellor pero xa se viu. Un verdadeiro equipazo o de Pepu. En tódolos aspectos. Polo menos deixouse de falar de futbol por unhos dias e eclipsou por completo a outra selección. De pena a de fútbol onte perante os do Ulster. E a Laura dicirlle que xa me esta entrando a morriña co do caralampio porque estouno vendo chegar e marchar como un lostregazo estival. Pero, sempre foi asi, veña meus vou escribir algun post logo que xa lle toca

Anónimo disse...

ah, co que respecta co meu tocallo, eu tamén son Riki López, coñecia a canción por Gomaespuma, e supoño que non estará editada. Pero o tema non ten desperdicio. Aínda que non chega o nivel de Marquinhos Drinkin, co seu último hit, "Señora especuladora" saude sobratum

Anónimo disse...

Il semble que vous soyez un expert dans ce domaine, vos remarques sont tres interessantes, merci.

- Daniel

Anónimo disse...

Hey, I am checking this blog using the phone and this appears to be kind of odd. Thought you'd wish to know. This is a great write-up nevertheless, did not mess that up.

- David