sexta-feira, agosto 04, 2006


O MAGOSTO PARA AGOSTO

Iso dician Reixa e compañía fai dous decenios, era o que faltaba para acabarse de estresar, Agosto non era un mes de vacacións?, bueno en Melide xa sabemos que non, pero aínda para o que estea ocioso e queira acudir, xa non a todas, a parte das actividades que hai, non che da nin de coña.
Onte estiveron no 600, Haiku, perdón por non informar a tempo.
Hoxe van estar Saldos Arias, grupo punk de Vigo, ex-Kgben, no Gatos a hora de costume coma sempre de balde.
Hoxe tamén ctuación da cantautora galego-arxentina Lorena Lores co seu espectáculo "Tango" na Praza do Convento ás 21:00h.
Mañán, o que pasa sempre por estas datas, quen poidera desdobrarse¡¡¡, varios eventos de altura coinciden no tempo. Polo menos que non chova.
Sabado 5, Festival Folk de Antas con: Pepe Vaamonde Grupo, A banda de Poi e Treixadura (Gaiteiros e Orfeón).
A poucos kilometros, Festival da Música e das Artes de Pardiñas (Guitiriz)cos amigos de ITH, o grupo de Folgueira e Toxo de Boimorto, de Pablo de Abellá e de Miguel de Xanceda, Ialma, pandereteiras dende Bélxica con participación de unha delas en Eurovisión quedando segunda, e un rollo tribal este ano, con Basidou (marrocos) e N´faly kouyaté & Dunyakan (Guinea-Conakry).
Tamén, aínda que un pouco mais lonxe, o Festival Folk da Carballeira de Zas.
O domingo mais Pardiñas.
E en Melide, festival de misses da terceira idade (rafinha non te presentes).
Luns 7, na praza do convento espectáculo teatral coa compañía Lagarta,Lagarta (Con Ernesto Chao (miro pereira), rosa alvarez, etc etc). risas garantidas.
E o xoves que ven, o grupo alemán RockAwayBeachBoys dende Alemania, facendo versións dos Ramones. No 600.
O venres no Gatos, o grupo local Porka Miseria e os dezanos Skarmento.
E volta a coincidir eventos no vindeiro findesemán.
Botes e Troita. Arzúa e Sobrado respectivamente.
En Arzúa o sabado, XsTRUME, Skarnio e Ruxe-Ruxe, e o domingo Flash Flan, Alberto Mbundi e Lamatumbá.
E en Sobrado,VII FESTA DA TROITA EN SOBRADO DOS MONXES

12 de Agosto
II FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE
Festicultures Troupe
Lony
Fundación Toni Manero
La Kinky beat

13 de Agosto
Mañá
Concurso de pesca
Mostra de artesanía
Sesión Vermú: ORQUESTA IMPERIAL
Serán
VI Baixada de Carrilanas "Circuito de Alvariza"
Espectáculo Cabalar "E Gemelo" de Narón
Noitiña
Grupo de baile "A MARISTELA" de Sobrado
Concerto folk A QUENLLA
Foliada nocturna coa ORQUESTA IMPERIAL.

A todo esto xa escomenzou o mítico e senlleiro campeonato de verán de futbol sala de Melide, que leva un lote de anos enchendo as noitiñas deste mes no pavillón do Marco. Teredes cumprida información se damos, porque neste mes NON DAMOS FEITOOOOO.

4 comentários:

Anónimo disse...

Ok, conde, nunca é tarde se a dita é boa, non?
Deume un pouco de vergoña allea a celebración precipitada polas ruas de Miami, o barbas eche moito barbas. A ver como remata o conto.

Anónimo disse...

ok victor, gran novidade esa do Tqoues, xogará xelo de brañas con eles?, un novo caso munitis, neira-dudu aguate, os amendoados son un doce xudeu¡¡¡, e tudo unha conspiración.
Noraboa polo campo novo, a ver a quen traedes para estrealo.
E o sabado e o domingo, haberá que pillar unhas "troitas" por sobrado.
Mágoa que haxa que elixir ao coincidir con outra festa senlleira como é a dos Botes.
Haberá que tomar unha decisión salomónica, e repartirse.
Ben o merecedes.
Vña que me enrollo.

Anónimo disse...

Boas Riki:
Sabes se en sobrado deixan acampar a noite do concerto? íamos ir a Bueu, pero suspendeuse polos putos lumes...
Apertas poderosas meu!!

Anónimo disse...

David, pois non che sei fixo.
Si lese esto Victor, seguro que cho dicia, porque é un dos organizadores. A ver se hai sorte.
Este é o telefono do concello:
981-787508, veña meu, puto lume que a parte de acabar co país, amolános a festa¡¡¡¡