sábado, julho 29, 2006


Onte venres estivo Mercedes Peón na Praza do Convento de Melide e ninguén sabía nada, eu entereime unha hora antes do concerto. Non sei quen é o responsable da desinformación, pero é triste que veña unha artista dese caladao ó pobo e que pase desapercibido. Por certo, a Peón ten moita familia por estas terras. Eu cada día vexo cousas mais berlnguianas que o propio Berlamga.

6 comentários:

Ghaiteira disse...

Descarao! Eu entereime porque mo dixo meu pai que o oira en Radio Millí (todo noticias) e aínda así non puiden ir porque xa tiña que facer... Xa me fodeeeeeeeeeee!!!

Anónimo disse...

nin que tiveramos tantos concertos no pobo, para que non anuncien este... Eu o venres pola mañá lendo o Progreso na axenda do fin de semana anunciaban o concerto de Mercedes Peón en Melide e pensei que era un erro do xornal porque non vira ningún cartel nin tampouco información na páxina do Concello, pero non foi así... gustaríame saber quen organizou o concerto e de quen foi a culpa de que non o anunciaran... dende logo lucíronse... pero é o de sempre, estas cousas só poden pasar neste pobo

Anónimo disse...

Parece ser que quen organizaba o concerto era o Xacobeo, e avisou tarde ó concello. (?)
Non vos sei mais, cando sepa algo mais poñoo, tamen se rumorea que pode vir Siniestro Total, tamén promovido polo Xacobeo, pero ... Rumore Rumore, en caso de que viñeran a ver si nos enteramos un pouco a tempo, veña.
Por certo o próximo sabado en Antas de Ulla, bon cartel, con Pepe Vaamonde Grupo, A banda de Poi e Treixadura-Orfeón e gaiteiros. Mágoa que coincida con Pardiñas.

Ghaiteira disse...

Son uns concertos que vai haber en 80 pobos de toda Galiza por donde pasan os camiños hacia Compostela (eso viña o outro día na Voz e no Correo Galego). Contou meu pai ao xantar que hoxe estivo a alcaldesa en Radio Millí e polo visto avisaron ao concello un día antes e grazas a Dios que estaba o palco do Carme aínda posto. Seica ten que pagar o Concello a actuación... Non sei, algo así me contou meu pai..
Por certo, ¿o de Antas é o sábado non? Eu andarei por alí todo o día que teño un xantar e se cadra acércome a noite... A ver que depara a noite.
Saúd0s!

Anónimo disse...

si confirmado é este sabado o de Antas

Anónimo disse...

ok orlock, a min pareceme demasiada teoría da conspiración, jfk