quinta-feira, julho 27, 2006


MELIDE MEDRA¡¡¡¡

Non moito, pero medra, que é o contrario a non medrar. Bueno despois deste axioma BarrioSesámico, dicirvos que Melide no último censo gañou 57 habitantes mais, pasou de 7.809 a 7.866. Dos cales 4.535 viven no casco urbano (sen contar Santa María, Furelos, e Castro -aínda que en realidade esteñan no devandito casco-).
No padrón pasado eran 4.411 as persoas censadas. É dicir viven en Melide-pobo 124 persoas mais que o ano pasado.
Moi destacado tamén o número de mulleres, 4.028 fronte os 3.838 homes, (sodes dous centos mais tias, tocades a 1.05 por cada home, quen dicía aquelo que eran cinco por home, e que algún estaba con dez?) Un bon dato si señor, si o comparamos -con quen iba ser, que non se me enfade ningúen eh¡¡- con Arzúa. Xa que no noso veciño concello, e sen embargo amigo, baixaron en 30 habitantes, de 6.632 a 6.602, mais ou menos como estaban. No que si é abrumante a diferenza é en casco urbano, Melide os 4.535 que xa dixemos é Arzúa 2.512, mais de dous milleiros de persoas que viven no pobo, eso sí as parroquias de Arzúa supérannos en todo, tanto económica como demográficamente. Mais datos no Instituto Nacional de Estatística.
Sempre se dixo, e eu creo que é certo, que son moito mais ricas as terras de Arzúa, moito mais fertiles ("é Mariña"-vellos dixit) cas nosas pequenas parroquias montañosas (salvo excepción de Campos e algunha que outra zona mais).
Para que vexades o adianto que nos levan os arzúans, as maiorías das parroquias teñen a concentración parcelaria feita dende fai mais de trinta anos.
Aqui xa van..., bueno, é mellor calar. :).
Que demostran estos frios datos, que o interior de Galicia está vivindo unha crise moi fonda de envellecemento de poboación e que, penso eu, só se vai salvar coa chegada da emigración. Tempo ó tempo. Xente nova que viva en Melide pola semana é pouca, non me extraña. Masa non a teño. Industria tampouco. É do campo...., eso merecería un "post" bastante amplio, porque ó noso agro chóvenlle paus por tódolos lados e mais.
Se nos quitan a construcción e o sector servizos, morrer a miñoca.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ahi estiveches ben, e supoñía tamén que iba contar cun comentario teu. Tampouco facía falta ser Rappel.
Agora nós de señoritos pouco(eu polo menos), aínda que hai de todo supoño como en tódolos lados, e o de Urbanitas case que tampouco(tamén eu polo menos), só teño que mirar pola fiestra da miña casa para ver de onde veño e despois saír e pisar sen algunha bostiña sen querer, cousas que pasan.
Nin somos urbanos nin somos rurais, somos "semi" tio.
"Xa o fato de caciques, ladrós e herexes fuxe ó redentor empuxe da alma rexional."
O poeta de Cambados poñería no Estatuto, Galicia rexión, eran outros tempos.
"Accion Gallega".

Anónimo disse...

Xa vin que era de coña, o que pasa e que queria facelo eu tamén no seguinte pero lendo agora non me saíu ben,pero remitoche a pregunta:
kennebec ou Baraka?