Italia, campiona dil mondo.
Genaro Gattuso, un calabrés (Sur de Italia), xogador do poderoso clube do norte AC Milan, críticado nesa zona do país alpino polo seu carácter sureño e os seus modos de vida. Foi sen dúbida a alma dunha escadra chea de oficio e de talento case a partes iguais.
Tetracampiona do mundo, repítese a historia do Mundial de Naranjito, cando os azurris deambularon na primeira fase, en Riazor e Balaídos, e empataron os tres partidos ante Polonia,Camerún e Perú. O mellor balance de goles deúlles o pase a seguinte fase por riba de Camerún. Despois foron de menos a mais e gañaron aquela Copa, para delirio do presidente da república, Sandro Pertini que á beira do Borbón rezumaba ledicia por tódolos recunchos do seu corpo. Curiosamente o Calcio naquela época tamén estaba en entredito por presuntas irregularidades e amaños de partidos. Sónabos de algo?, incluso o mellor xogador daquel Mundial, Paolo Rossi tivo que permanecer unha tempada na cadea.
Ágora estamos na diatriba de si baixara a Juve a Serie C, a 2ªB italiana, e o Milan a segunda, o Ministro de Xustiza (ex-directivo daquel Nápoles de Maradona e Caniggia)xa pediu públicamente antes da final, que se conquerian a victoria se promulgase unha amnistía, ampárandose no chocante que sería ver a unhos cantos campións do mundo deambulando por aqueles campos de Deus. A ver que pasa, en Italia todo é impredecible. É o único país, semelláse un pouquechiño a Vigo neso, en que cando mais desgoberno hai, mais evoluciona a industria, a cultura en definitiva o país. Paradoxas de la vita.
Ah, a foto dos xogadores italianos, é un galano a toda a sección feminina que visita este "blog" que tamén merecen alegrar os olliños de cando en cando, ou que dicides?
Por certo na enquisa de "Melide in blog" o 70 % dos votantes, elexístedes Italia e o restante ós galos. Noraboa Nostradamus da cerne.
Deixovos aqui o video da canción "Azurro" dun novísiiiiisimo daquela, Adriano Celentano, todo un mito da música mundial. Que nos falga dese ceo azul e dos viaxes a Marte. Il pomerechio è troppo azurro......
1 comentário:
Chicos juapos carambaaaa!!! jijiij
Enviar um comentário