terça-feira, julho 11, 2006
Problemas nas concesións da nova Televisión (TDT) en Galicia.
Xa o víamos o outro día no blog de Marcus, ó medio no que traballa, Código 0, quedou sen licencia da futura televisión dixital terrestre. Moi mala nova, xa que Código TV formaba parte de Onda Nós, unha iniciativa moi boa onde varias canles de tv do país poderían ter un mínimo de programación propia e en galego.
Pero como din os que mais anos teñen, "sonche os mesmos cans pero con distintos collares", o goberno galego optou polos amigos de sempre, o cuarto poder tamén che manda, e ben: Prisa, Faro(gurpo prensa ibérica) etc. Pero bueno se queredes saber mais sobre este escuro tema o mellor é que vos informedes nesta ligazón, Vieiros.
Que opinades vos?, 0 comments supoño, veña um saúdo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
3 comentários:
Gracias polo texto, Riki. A verdade é que os do PSdeG pasáronse un huevo. ¡Xa parecen do PP!
Criticaban as adxudicacións a dedo de Fraga (¡e é que darlle unha licenza de TDT autonómica á COPE foi un escándalo!) e eles fixeron o mesmo.
Os argumentos coido que son irrefutables, pois, por exemplo, en Lugo déronlle 2 licenzas a Localia (¿porán programación repetida?) e outra a Local Media (desas de botadoras de cartas, vídeos musicais e concursos amañados).
Para a zona de Melide queda a de Dez TV de puro milagre, pois non había ningún xornal de fóra de Galicia interesado poloa demarcación de Lalín, que se non...
Agora alédame ver que tanto Vieiros coma outros medios comezan a dicir o que está pasando, porque tiñan acalado o asunto das concesións. Os do BNG están encabronadísimos, xa que o PSdeG meteu o temas das licenzas no Consello da Xunta sen acordo previo e a traición (non estaba na orde do día) polo que os recursos ás concesións están cantados, o que dito doutro xeito quere dicir que imos ter xuízos para longo (as TDT autonómicas levan un ano recorridas e aínda non se sabe nada de nada sobre o asunto).
Unha mágoa que o PSdeG cometa os mesmos erros que o PPdeG.
MI MÁAAA............QUE MEDO.......O Paradigma, a BBC, con perdón.
Cheira mal en todo-los lados o tema en cuestion, Política asquerosa.
Un verdadeiro escándalo para pagar "pasadas" ou "futuras" prevendas ós amiguiños de sempre, prisa, lalalá, etc. Que triste, ah por certo Marcus en Dez Tv (antiga Canal Deza, que programación nocturna mais boa tivo), botan o programa onde sae Piti Sanz e Gulías non me acordo do nome do mesmo, realizado por ti coido, non ten mala pinta, e non é peloteo. veña, un saúdo a fiz from United Kingdoom of the Great Britain.
Enviar um comentário