segunda-feira, junho 25, 2007

CRÓNICA DEPORTIVA
Non puido ser o Santiso de xuvenís sucumbiu ante un superior Cacheiras en partido correspondente a final da tradicional Copa do Sar que disputan equipos das ligas do Deza e da comarca de Santiago.
O campo compostelano de Santa Isabel foi o esceario da derrota dos santicienses, equipo formado maioritariamente por xogadores de Melide.
Tedes mais información picando neste artigo do Correo Gallego.
Polo Santiso xogaron: Diego (m.46, Vacenas), Damián (m.74, Javi), Pablo, Bruno, Rafa, Rafita (m.63, Miguel Ángel), Quique (m.46, Diego), Sergi, Susín, Tomás e Borja (m.50, Luisito).
Este era o último partido do grupo baixo o nome de Santis, a partir de agora, como xa saberedes, denominarase Atlético Melide.
Xa que falamos do Atlético comentárvos que onte presentaron o seu proxecto cun partido entre os veteranos do Santiso-Melivet (futuro Atlético-Melivet) e o SúperDépor. Leváronse o partido, supoño que o de menos neste encontro sería o resultado, os pupilos de Arsenio. Fran, José Ramón, Manjarín, Nando, Radchenko etc foron algúns dos futbolístas herculninos que pisaron a herba artificial melidá.
Onte saía na Voz un artigo relacionado con esta nova e ilustraba o texto unha foto que se me fixo coñecida. Picade aquí e verédelo. Sí ,trátase dunha imaxe que tamén está mais abaixo neste blog, dinme conta ó vela polo pouca calidade de escaneo que ten (home, sonche coñecedor das miñas chapuzas jajja).
No pé de páxina da foto no xornal hai un erro o Atlético senior nunca gañou a Liga do Sar, os xuvenís si que foron campións.
E xa que estamos de descubertas tamén atopei a web do equipo roxibranco, atleticomelide.es, páxina en construcción que nos saúda "institucionalmente" coa canción-consigna "Alcohol, alchol.."

11 comentários:

Anónimo disse...

NORABOA O SANTISO DE XUVENILES
"SUBCAMPEON "
NON ESTA NADA MAL RAPACES, XA SABENOS QUE A MORAL ESTAB ABAIXA , CON UN COMPAÑEIRO NO HOSPITAL NON E DOADO.
ADEMAIS DAS BAIXAS
SEGUIDE ASI

Anónimo disse...

tranquilos que o voso compañeiro xa esta ben que mo contou a sua tia enhoraboa subcampeons

Anónimo disse...

referindonos o partido estrea do atletico melide....eu pouca xnte vin despois d tanto rebunbio k se montou pero weno.habia tanta xnte coma cando o cire estreou o campo...non vos parece¿?

Anónimo disse...

Riki, Como lle foi a ferreiro en Ourense??

Anónimo disse...

EU TAMEN SON DO CIRE DE MELIDE¡¡¡
y nadar , nadar , naaaadarrrrrr¡¡¡¡

Anónimo disse...

Gañou na sua categoría e 17º na xeral, dentro de pouquiño fago unha entrada no blog. Veña.
PD: A auja estaba fríaaa

Anónimo disse...

Acabo de entrar na páxina do Atlético e xa non soa na benvida o "alcohol, alcohol, hemos venido...." ?'''????

Anónimo disse...

http://tierrasdesantiago.es/index_3.php?idMenu=325&idNoticia=181254

aqui pon que habia arredor 1000 persoas pero sen dubida habia moitas mais que cando o cire estreou o campo xa que estiven presente os dous dias.

Anónimo disse...

O OUTRO DIA DA ESTRE DO ATLETICO DE MELIDE HOUBO MOITA XENTE,ESO QUE FALTABA XENTE DE MELIDE,QUE ESE DIA PRECISAMENTE FIXO UNHA COMIDA POLA TARDE PARA SEICA NON IR,HABRA QUE PERDOARLLE XA QUE E XENTE NOVA,E XA SE SABE COMO E,UN DIA DUN LADO E OUTRO DIA DO OUTRO

Anónimo disse...

xente de Melide que fixo unha comida? jojojo
a que hora era o partido?
o que hai que oir macho, avergonzome de ser deste pobo, estou fora e teño morriña pero ao ler eses comentarios dame ganas de seguir aqui, joojo, e logo de que os acusas de facer unha comida jajjaja, eu lin que o partido era as 6 y media, non se pero dende fora, estos do atleti estan desesperaos

Anónimo disse...

este ultimo anonimo q os atleticos estan desesperados,mais ben sera q teñen ganas de facer algo polo deporte en melide,e q por culpa duns caciques non vaia a haber futbol en melide,e penoso