domingo, junho 03, 2007

MAIS RALLYE
Este fin de semana disputouse a 43º edición do Rallye Rías Baixas considerado polos expertos como o mellor rallye de España de asfalto.
Gañou o asturiano Hevia na cuarta cita do nacional.
Na categoría de históricos só un participante e polo tanto gañador que non é outro que ....Xesús Ferreiro.
Un Ferreiro que non se cansou de dar espectáculo en toda a xornada segundo contan as crónicas. A próxima cita será en Ourense a finais de mes e presúmese moita competencia, pilotos que viran dende Catalunya e a presencia de novo do accidentado Antonio Sainz, irmán de Carlos. Ferreiro tamén acadou un brilante posto 21 da xeral, noraboa.
Deixóvos un video do noso campión que atopei no tubo grabado no tramo de Mondariz que a verdade é espectacular:

2 comentários:

Vítor Vázquez² disse...

Dixeronme que teu veciño lle dixera a castrillón un dia:
"Ahí tes a camara interior, pero non che vai servir de nada, solo vas ver cunetas"
(Non o contrastei, asique nn sei se é certo de todo)

Anónimo disse...

boas tardes a todos ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
NADA MAIS AS MIÑAS FELICITACIONS A FERREIROOOOOOOOOOO¡¡¡¡¡ VELO E PURO ESPECTACULO E EMOCION . COMO MOLA VELOOOO¡¡¡¡. UNHA APERTA PARA TODOS E RASSSSSSSSSSSSS