terça-feira, junho 12, 2007


RIDERS ON THE STORM (Xinetes na tormenta)
Aproveitando o título dunha grandiosa canción dos Doors abro este post adicado o partido da tarde do sábado ente o Cire e o Santiso de veteranos(maiores de 28 anos).
A tarde, metereolóxicamente falando, estaba moi cargada de aparato eléctrico e a eso das 16.30 xa caeu unha boa tromba de auga. O partido escomenzou as 17.00 pasadas e os lóstregos non tardaron en "rodear" o terreo de xogo. No estrictamente futbolísitico o partido comenzou cun dominio do Cire pero pouco a pouco foi cedendo metros. O perigo do Santiso viña mais ben pola banda dereita, nunha xogada por eses lares o árbitro entende por penalty unha falta que segundo os nosos centrais poido ser fora.
Tira o penalty "Shuster" e o porteiro de Priorada Masi atalla nunha parada memorable.
Ó pouco tempo o Cire xoga pola banda esquerda e un balón cae preto da área pequena, o porteiro do Santiso dúbida e Rubén Rey-Ruchi- fusila sen contemplacións a Marcos "the postman". A raíz do gol o Santiso foise outra vez un pouquiño arriba. Nunha xogada de moita habilidade Nani róuballe o balón a nosa defensa e diríxise como un estilete cara a nosa área ó chegar a ela inventa un tiro envelenado disparado a un nivel de forza enganosa, o bote despista ó noso porteiro que coidaba que o balón se iba fóra e o Santiso pon as táboas no "electrónico"-xa, xa sei o que estades pensando pero que lle queredes oh...
Era o 1 a 1. O Cire non domina pero ten oportunidades a esgalla nos pés do correoso Conde (sempre ó limite) e da tanqueta Neira.
Na reanudación a tónica do partido é a mesma o Cire moi atrás, é normal era o segundo partido xuntos e o Santiso leva bastantes temporadas como equipo logrando incluso dous ascensos, é dicir se o Arzúa nos sacaba duas categorías o Santiso sacaríanos tres se chegamos a federarnos, bueno para ser mais preciosos duas porque este ano os verdeamarelos perderon a categoría e volven a Primeira-B (nós empezariamos en Terceria).
Aínda así as mellores oportunidades son as nosas e o Santiso non se achega o noso portal.
Transcurridos vintecinco minutos do segundo tempo e co gol mais cerca dos de Melide houbo que suspender o envite debido o tremendo aguaceiro que caeu esa tarde incluído unha remesa de pedrazo de xeo en cantidade semellante a todo o que se consume no San Roque nos pubs.
Un lóstrego cae moi preto e vemos unhas chispas nunha torreta das luces, medo non pero moito respecto, non queremos saír no telexornal na noite na sección de sucesos.
Procedemos a cambiarnos nos vestiarios e levámonos unha sorpresa, aquelo semellaba o Titanic e a auga acumulada superaba a cuarta e media¡¡¡
O saír deles, que no Cire están debaixo da grada, e subir as escaleiras vemos que unha parte do muro que pecha o campo caera debido a forza da auga xa que debía ter próximo un rejo do líquido elemento. Tremendo.
O mellor do conto foi que non pasou nada e que o partido se disputou cunha camaradería e limpeza exemplar.
Polo Cire xogaron de inicio: Masi, Coego, Rubén Leiva, Cea, Manolo "Cristal, Alfonso García, Frilu, Carlos, Pinchi, Ruchi e Riki. No banco estiveron; Neira, Conde, Manolito Blanco, Albino e Txerra. Adestrador Parcero que aproveitando que en veteranos se poden facer cambios ó estilo fútbol sala moveu o banquiño fiel o seu estilo ukraniano.
Con respecto o partido contra o Arzúa só repetimos os seguintes: Masi, García, Cea, Rubén, Manolo, Frilu,Riki,Coego e Pinchi.
Ausencias: Toñito e Diego Lirio, J.Costoya, Roca, Emilio, Cuchi, Lorenzo, Manolito, Pezobre, Barullo, Arturo, Armando entre outros mais que non me lembro agora.
O Santiso tamén tiña bastantes baixas aínda que tiña nas suas filas a homes tan experimentados como Fernando Orois, Charly Cordido, Sueiro, ou José Luis Mourazos e homes veloces arriba como Barrio, seguranza atrás na cabeza de Suárez, virtuosismo balompédico con Nani, remate preciso con Elier, excentridade na portería con Marcos etc etc
O próximo envite do noso periplo de amistosos probablemente sexa contra o Palas, xa vos informarei a tempo, é dicirvos con todo orgullo, que de momento aínda non coñecemos a derrota. ;).

15 comentários:

Anónimo disse...

RIKIGOL ¿podesnos informar un pouco de que esta a pasar co atletico melide? dixeronme que van xogar os veteranos deo depor contra ele, ¿e certo? ¿que sabes?

Anónimo disse...

polo que eu sei, e certo, veteranos do depor ( os superdepor)
estaran en Melide o dia 24 para se enfrentaren o atletico de melide de veteranos .
arbitro seica: Lopez Lafuente
Creo que ese e o dia da presentacion do novo clube.
Ademais o dia 29 xogaran contra o c.d. lugo
JODER EMPEZAN FORTE

Anónimo disse...

Polo que sei fixo , parece ser que se refundou o Atlético Melide da mau de Julio "melivet" e Varelita (o masajista). A rumoroloxía conta que van facer equipos de fútbol base, senior, feminino e veteranos.
Polo que comentades dos Veteranos que xogarán contra o Superdépor e o Lugo non tiña nin idea.
Cando saiba algo mais en claro informareivos.
Coido que están preparando un blog xa que o dominio http://atleticomelide.blogspot.com
está xa collido.
Veña.

rikimelide disse...

Agora que o penso o do partido contra o Superdépor pode ser certo xa que non fai moito que xogaron contra o Santiso de Veteranos.
O que non che sei, e gustaríame sabelo, é quen son os Veteranos do Atlético. Despois da asamblea do Cire , que é este venres, teño pensado facer un post en profundiade e en frío sobre as ventaxas e inconvinte doutro clube mais de fútbol en Melide despois de 30 anos.
Será outro error mais deste noso "Bi-Melide" ou será pola contra a salvación do deporte rei na comarca?
Esto amigos será o tempo, xuez inaplacable, quen quitará e dará razóns.

Anónimo disse...

esto non pode ser melide sempre dividido asi non vamos a ningures, ¿non vos parece??

Anónimo disse...

¿que vai pasar con cire??

Anónimo disse...

ATLETICO MELIDE OEEEEEEE
Nun ano faremos + que o Cire en dez

Anónimo disse...

e porq non vos presentades a directiva do cire? e facedes todo nun ?

Anónimo disse...

melide coma sempre dividio. Non sabedes o refran DIVIDE E VENCERAS pois asi non chegades a nada

Anónimo disse...

con perdon dos posibles afectados,penso que eso de bi- melide, e bi -cefalias acabouse ahora e fin do CI-MELIDE, oleme a cambios acabouse o reinado hay que repartir o terreo.
IMPARCIALIDADE,E XUSTICIA XA !
TODOS SOMOS DO POBO.

Anónimo disse...

a ver se esperta dunha vez o cire agora que ten "competencia" senon pouco futuro lle vexo

ATLETICO MELIDE OEEEEE

Anónimo disse...

Para calquera dudida sobre o ATLETICO MELIDE pode contactar connosco en atleticomelide@hotmail.com

UN SAUDO

Anónimo disse...

sabedes aquel que di:
vai unha nai co fillo o medico que esta muy maliño,o medico dille
- sra. desnudese e tumbese na camilla
- pero e o meu fillo o que esta mal
- mellor facer un novo que arreglar o vello

so e un chiste, pero que cada un o entenda como queira

Anónimo disse...

Parecem unha idea estupenda creación do histórico Atlético de Melide, agora que contamos cunhas instalacións dignas, ter varios equipos fai que estas instalacións se achegen a mais xente do noso pobo, ademais non ter porque competir co cire, esto e deporte e cantos mais xeñamos mellor.
ARRIBA ATLÉTICO MELIDE!!!!!!!!!

Alma disse...

SORTEO DE 20 ENTRADAS PARA VER VALENCIA - DEPOR DE LA LIGA INDOOR

http://veteranosdeldepor.com/index.php/new/deporvalencia/

Un saludo

Webmaster Veteranosd del depor.