terça-feira, outubro 09, 2007

ANUNCIOS SEMELLANTES
Ó andar metido en varias historias limítame o tempo libre, e quem o está a sufrir mais sodes vós que pasades por este recuncho da rede de redes habitualmente.
Bueno, a ver si a partir de agora dou acutalizado con mais asiduidade.
Xa que estou aquí, deixovos o spot da última campaña de Gadis, que aínda que sexa da competencia ten o seu aquel. Dito anuncio xa deu que falar nos blogs de Fandi e de Vanessa. A ver que opinades. Veña.

Na web de youtube xa houbo quen atopou certas semellanzas cun anuncio dunha cervexa arxentina, Schenider. Podédelo comprobar:

Hai certo pareceido, ou non?
Non vos perdades tampouco o video da parodia ferrolana da peli "300", pica aquí.
Ah, xa me esquecía, de que tamén esta actualizado o blog Prensa Cire, con fotos, resultados e clasificacións do equipo azul.

4 comentários:

A lareira de Santiso disse...

Vaia oh! vaia chasco a copia de Gadis, non? Eu non coñecía o dos arxentinos... Pensarán os do Gadis que non temos internet para enterarnos...
Botábasete de menos, Riki!

fandi disse...

pois eu non vexo tal copia, non sei... si, un tipo falando en plan discurso haberá mil ou?

non sei, está claro que no galego non se fala de imaxinade que todos sean riquiños? ...
senon que vai topico por topico clavandoo o noso ser colectivo.
xa digo, para min non teñen nada que ver :)

rikimelide disse...

Plaxio, plaxio non é. Xa que os arxentinos basean o anuncio en "imaxinade que..." e o de gadis, como ben di Fandi, van clavando tópicos.
Supoño que quen atopa semellanzas basearase na secuencia do cabalo.
Non sei ,o que está claro é que ahí o palxio é con Braveheart..
E o de "sos como sos" e "vivede como galegos", son cousas semellantes pero non son as mesmas.
O que está claro é que os creadores publicitarios arxentinos son dos mellores do mundo.
Veña un saúdo rapaces.

FIZ disse...

O que sí que está claro Riki é que os creadores da campaña de Gadis viron o Anuncio da cervexa Arxentina esta, probablemente mais de unha vez...XD ou non===¿??

eu sí vexo moitas similitudes...

E falando de ver,,.,.,Vémonos pronto Doutor..
Unha aperta