UN NETO DE MELIDE EN ESCOCIA
Pois sí amigos, para moitos non é un segredo pero mais de un levará unha sorpresa ó saber que o artilleiro "protestante" Nacho Novo ten as súas raíces, por parte de pai, en Melide. Debo confesar que se me teño que inclinar por un dos dous equipos de Glasgow inclinaríame polo Celtic pero non por eso podo obviar que un descendente das familias Lareo e Varela xogue nun clásico do fútbol mundial.
E a parte Nacho non é un xogador comparsa ou con padriño, nin moito menos. Nacho é un home feito así mesmo e é o ídolo de Ibrox.
Para chegar tan arriba Nacho tivo que facer unha cousa nunca vista en Galicia, tivo que emigar. Empezou a xogar no Racing B e ó non ter minutos pasou o Somozas. De ahí foise ó Huesca de 2ªB e dende alí deu o salto as "highlands" da mau, do hoxe adestrador do Cádiz , Antonio Calderón. Xogou no modesto Raith Rovers e alí conseguiu un promedio de quince goles por temporada nos dous anos que estivo. Isto serviulle para pasar a un dos clásicos da Premier escocesa, o Dundee F.C., dous anos cos "dark blues" -o último marcando 25 goles- foron os culpables de que o Celtic e os Rangers puxaran por el. 600.000 € postos polos Rangers foi a cantidade que o levou a xogar para os "teddy-boys".
O primeiro ano en Ibrox Park: 25 goles, despois tivo algunha lesión pero o pasado fin de semana marcoulle dous ó eterno rival e onte martes xogou contra o Barça en Champions.
Os avós paternos de Nacho eran de Melide e fóronse para Ferrol (cidade de nacemento de Nacho) polo destino do avó na cidade departamental como garda, e o pai del, Richard Gómez, xogou, entre outros equipos, no Racing de Ferrol e no Betis dos anos setenta, , na posición de lateral esquerdo, foi o anterior lateral esquerdo antes da chegada de Gordillo. Ademais a irmá de Nacho, Arantxa -nome que leva tatuado o propio xogador no antebrazo esquerdo-, xoga o baloncesto no Rivasfutura de Madrid, e é unha das estrelas da liga feminina de basket.
Ténme contado Bloquin, parente deles, que lle teñen apedreado os cristais da casa e que incluso lle apareceu unha pintada na porta que puña "Novo R.i.p". E que o fútbol na terra do whiskey vívese con demasiada paixón, xa que a clásica rivalidade futbolística súmase a política e a relixión. Un cocktail explosivo.
quarta-feira, outubro 24, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário