DÚAS DE PULPO...
Ás reflexións de Rafinha sempre teñen miga.
Esta que vos transcribo vai relacionada co ciclismo. Despois da gran Vuelta que fixo Ezequiel Mosquera, compoñente do equipo Xacobeo-Galicia na que acabou cuarto na clasifiación xeral, Rafa pensa que o ciclista de Cacheiras ten que ter familia en Melide xa que chamándose como se chama incluso pode que sexa dono dalgunha das famosas pulperías do noso concello. O colmo xa sería que o segundo apelido fose Curros (non o é, e Míguez), e por riba que lle alcumaran o jarnacho.
Isto recordame a dous xogadores do Betis, chamados Melli e Arzu.
Falando de pulpo, esta semana saía no Correo e no Tierras a melidense Tita Taboada, é foi debido a que ela e seu fillo Guti (Kanetas) formaron parte do grupo de pulpeiros elexidos por Turgalicia para preparar un dos nosos pratos mais típicos na Expo de Zaragoza.
Tedes aquí o enlace do Correo.
E que como sabedes para pulpos os de Melide.
quinta-feira, setembro 25, 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Vaia riki. Xa había ben tempo que non me pasaba por aquí (mea culpa, porque non ten perdón). Pois non sei se Ezequiel ten familia en Melide ou non, pero o nome préstase, eso sí.
Algúns chistes si fixemos con eso no Angliru. Si, si, aló nos fomos o "nucleo duro" de Santiso: Javi, Jorge (Pájaro), Alfonso, Alberto (Cordido), Mauro (que para nós é como se fose de Santiso de toda a vida) e servidor. E vaia se disfrutamos: atoxamos, pintamos a carretera, animamos a Ezequiel, merendamos a varios centos de metros de altura... asegúrocho, merece a pena pasar o frío que pasamos aló arriba.
Saudos!
Carai menuda aventura, o porto ten que ser impresionante, pero bueno para os de Santiso, a pesares de vivir na mariña da Terra de Melide, a montaña está moi dominada, saúdos Tono e noraboa por ese tan bo inicio do Santiso, a pesares de empezar xogando no exilio, en Agolada.
Pasastedes de xogar no "Zahorra stadium", ó "Aqualatma Arena" ;)
Aqualatam arena, quixen dicir jajja
No! Aqualatma tamén pode valer, porque auga e lama, no inverno hai unha pouca!!!! Graciñas meu!
Enviar um comentário