quinta-feira, setembro 11, 2008

XA VÉN, XA CHEGA....
Estos días para os melidenses os minutos parecen horas. Non corre o reloxio. A que é debido isto?, está claro aproximase ó domingo 14 de setembro e con el a celebración da festa mais agardada por moitos. O San Caralampio. Eso sí, cando chegue o domingo o reloxio bota fume e o día (a pesares de estiralo o máximo posible) pasa cuan-Usuain Bolt nos xogos de Pekín.
Este ano non vamos contar coa actuación dos Festicultores-Trópico de Grelos (levaban tres anos consecutivos vindo), nin tampouco cunha acutuación tipo Lamatumbá ó final da noite, pero haberá que ir tirando co que hai que non é pouco.
Para os mais novos: nada de andar facendo o parvo por ahí con pistolitas de plástico, os cativos (como se fixo sempre) teñen o concuros de debuxo "Alberte Lafuente" e ó Tiro á Lata con Escopetas de Pao na praza do Pozo pequeno.
Para o resto, o menú é ben sabido, ós tradicionais pementos e cachelos nas pallas na praza das Coles,e como no o viño vai ter o máximo protagonismo.
Acutacións: as charangas Tralla 101 de Melide, Os Amigos de Visantoña e Air Jalisia.
Á noite, a iso das nove na praza das Ichoas: The Turre´s Band dende Mos (Pontevedra).
Unha formación galega que sen dúbida vai facer bailar a todo o mundo ó son dos seus intrsumentos de vento e as súas sorprendentes versións da cultura popular e como non coa Muiñeira-Ska.
E xa na praza das Coles, OLLO COA TRACA ¡¡¡ e acutación da orquestra feminina M3, que despois de que a comisión presidida por Barullo pegáse ós carteis polos viños xa suscitou moitos e variados comentarios.
Pasadeo ben e sentidiño ¡¡¡¡¡, ah e non tiredes co viño que hai crise.

Cartaz da Orquestra M3, este domingo no Caralampio.
PD: Aquí a dereita tedes ás acutacións para venres e sábado da sala 600 e do pub Gatos.

19 comentários:

pepetrola disse...

a ver se nos vemos logo polo Caralampio

fandi disse...

si, caramba, so hai que fixarse no cartel dunha e doutra festa para ver que caralampio 4 botes 1... enfin

Rial disse...

Non sei porque hostia se lle da a xente en comparalas, non se parecen en nada, so en que a xente se emborracha(como os sabados a xente non bebe) o qe pasa eqe buscar parecidos ou diferencias so entra na cabeza de xente qe carece da mesma. no san caralampio hai 2 charangas, na dos botes 5,n san caralampio hai unha orqesta, nos botes 4ou5 grupos,no caralampio botan unhas cantas tracas, nos botes astracas duran 10 veces mais etc... o caralampio mola a dios e eu vou sempre levo indo 6 anos e irei mentras poida, e incluso me mola tanto ou mais qe os botes, pero e unha cuestion de alcoolismo e bo rollo, como festa en si non existe, como ben dixen antes botellon con charangas. espero qe a ninguen lle parezca mal.enfin
Viva san caralampio!!!!

Ghaiteira disse...

Eu penso que aínda que non houbera ningunha charanga nin orquestra a xente ía/iamos ir ao Caralampio nas mesmas. Yo la primera!
A cuestión é andar de viños e de carallada todo o día... A música é un mero acompañante. Aínda que eso si, eu como fiel asidua a toda e canta romaría hai a 20km (cando non son máis) a redonda encántame que haxa orquestra. He dicho

Ghaiteira disse...

Por certo, reinvindico unha orquestra só de tipos ou polo menos que tivera un... ¿Que é eso de traer unha orquestra en donde non haia nin un só home para mirar para el?
Vai haber ostias (dixo o outro...)

Rial disse...

ghaiteira: Eu penso que aínda que non houbera ningunha charanga nin orquestra a xente ía/iamos ir ao Caralampio nas mesmas.
Pois eso era o qe eu decia, non fai falta comparar nada con nada, porqe o caralampio e diferente o resto e eso e oq e a fai especial.
son 4 casas, Melide son 4 casas!

Anónimo disse...

Interesante o da muñeira-ska,non mo perdo!

Josu disse...

pero quen fala de cartel rial,,,,,falamos de FESTA!!!!!!!FESTA!!!!!!!!.............levo toda a semana que penso no caralampio e voto unha sonrisa!!!.......e por suposto que non a comparamos cos botes, son festas que non se parecen en nada!!!!!!pero mola mais o caralampio!!!!falase de gustos, pode ser, que os botes sexan mellores que o sanroque, non cho nego, pero non o pasas mellor que no escaralampio!!!!e ti nunca ofendes!!!!!

Josu disse...

leon tan guapos os da turre´s band

fandi disse...

enfin, chauvinismo ou barbarie.
para min a mellor festa e a do cumpleanos do meu primo pequeno, sobre todo cando sopla as velas, non vos jode...
"para min" "yo pienso..." grandes criterios obxectivos de loosers


PD: para min alonso e o mellor piloto (juar)

rikimelide disse...

Josu cando falas falas, e Rial ten razón son festas que non se parecen en nada pero non hai dúbida que son as que mais molan dos dous pobos e a que nos enorgullecen á xente nova, de ahí , supoño, a comparación da pizarra.
En definitiva vémonos o domingo e tomàmoslle un tróspiro ou¡¡¡

rikimelide disse...

ah, e como dixo o outro, Toda a terra é país

fandi disse...

pero non todo o país e terra, en melide non nacen nin os toxos, parece a estepa meseteira.

rikimelide disse...

;) jajja,

EVA disse...

moito non nace non... , pero bueno...a riqueza esta nos pastos , nos que pacen as vacas... mira senon o queixo de arzua que bo esta....jeje .

BRIGADAS AZUIS disse...

XA FOI!!!!!!!!

Josu disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Josu disse...

Actualiza!!!!

rikimelide disse...

dádeme un pouco de tempo, paciencia meus¡¡¡