quarta-feira, janeiro 21, 2009



AXENDA TRIPLE
A oferta de ocio amplíase en Melide. Se nos últimos tempos é habitual que o Pub Gatos e a Sala 600 programen concertos, monólogos, espectáculos ao vivo, maxia etc a partir desta fin de semana súmase, de novo, o local situado no Forte (Avenida de Toques e Friiol), A Fundación.
Así entón para este venres 23 de xaneiro teremos as actuacións de :
A Fundación: A partir das 11.30 da noite concerto de Harry Navison Band, grupo que chega dende Ferrol formado por ex-compoñente dos Limones, dos Cempés e dos Tigres do Cañotas. Estilo: Country, blue-grass, swing etc. Podelos escoitar picando neste
enlace.
Sala 600A partir das OO.OO h. Pacífico + Zia, Pacífico é un grupo de Vigo formado entre outros polo ex-guitarrista de Kannon, Anxo Bautista e que conseguiu varios premios a nivel nacional. Estilo: Pop-Rock con toques de Emo-Pop. Influencias: moi josiñeiras ( ;) ), Muse, Radiohead etc Xa tocaron en Melide no Gatos e podelos escoitar no seu
myspace.
Zia: Son de Madrid e os seus membros (con perdón) estiveron en formacións tan senlleiras como SuperSkunk,Vacazul, Sex Museum ou Deluxe.
Prometen "rock sin prejuicios con una letras, que aún recordando épocas y formaciones anteriores son más honestas y arriesgadas". Veñen avalados por grandes actuacións en directo.
Escoita a ZIA
Pub Gatos Com nos conta Nani: Dentro da Rede Galega de Música Ao Vivo virán por segunda vez os vigueses APHONNIC despois da exitosa xira realizada por Brasil, Europa e o resto do estado español presentando novo traballo sin esquecer a mítica versión de "We will rock you" de QUEEN e outros temas que nos farán brincar e bailar ata o mencer.
Viran presentado o seu novo traballo "6bajopar" grabado nos míticos estudios Aeramaster de Vigo, dende que estiveran fai uns anos no Gatos compartiron esceario con grupos como Hamlet, Sôber, Skizoo, Habeas Corpus, Skunk D.F., Vikingo M.D,Terroristars, Estirpe, Tenpel, Kannon, Boikot Reincidentes,Fe de Ratas ye un longo etc. Para os mais frikis a súa versión do "Bienvenidos" de Miguel Ríos, soa ó final da peli de Jorge Coira "El año de la garrapata", ou "O ano da carracha" como prefiras.
Pica AQUÍ para escoitar ós Aphnonnic.

2 comentários:

citizenerased disse...

É unha pena que para ver a uns teñamos que perdernos outros.

rikimelide disse...

Estou dacordo josi pero éche o que hai, veña un saúdo ¡¡¡