terça-feira, janeiro 20, 2009

VOLVO PARA QUEDAR (A ver si desta sí)

Prácticamente dous meses sen escribir no blog, como pasa o tempo, xa paso de disculparme, felicítovos pola vosa paciencia e supoño que vos quedou claro que Ferreiro foi o campión moral do nacional de históricos 2008. ;)
A ver se vou collendo ritmo, sacando tempo e vou actualizando mais a miúdo.
Bueno a nova de hoxe en Melide, é que de novo a paisaxe amenceu nevada e non houbo "escuela", cando eramos pequenos soñábamos con días coma este, e hoxe volvín ver esa ilusión (nos tempos que corren dominados pola play station e a wii) nos rapaces que se apoderaron das rúas, e dos prados para xogar co branco elemento.
O tempo está virado, que dirían os vellos, xa que este inverno debe se a cuarta ou a quinta vez que neva. Algo totalmente inusual por estes lares.
Noutra orde de cousas e botando a vista atrás este ano non poiden acudir a cita anual co fútbol galego en Riazor no partido da selección contra Irán (ó final foi o combinado persa quen veu a Riazor en vez de Chile).
Aínda así, coma sempre e xa van catro anos, o mais selecto da mocidade (e non tanto) melidense -capitaneado este ano por Vacenas, coa colaboura de Diego Lirio- viaxou a Coruña para dar alento á Irmandiña.
A expedición do Cerne situouse no pavillón superior e a pancarta que fixemos para o primeiro ano en San Lázaro saíu da palleira de Eva en PEZOBRÉS-SANTISO (a pancarta cumpriu o seu cometido sgundo dixo o padriño de Eva: "despois de seca-la herba,....era grande, ....prestábase, eso chámase reciclaxe sí señor, un día falaremos dos lugares onde estivo pendurada esa pancarta) e voltou ondear na fría noite coruñesa.
Como curiosidade póñovos esta foto anécdotica que me pasou Miki e Mateo do bus onde viaxaban os xogadore e o corpo técnico de Galicia.
Ó sacarlle a instantánea sumouse mais xente a facer fotos e o bon do buseiro incrédulo, pensou que se enganara de cartel e puxo outro que poñía "Selección Gallega Femenina".
No partido en sí, o triunfador foi o "neto" de Melide, Nacho Novo.

9 comentários:

Marcus disse...

¡Benvido de volta! Agardemos que o teu blogue continúe a tomarlle o pulso a actualidade melidense dende o teu punto de vista, como xa nos tiñas afeitos.
Botóuseche en falta estes dous meses. O blogomillo melidense non é o mesmo sen o seu espazo de referencia.

EVA disse...

RIKI VOUTE MATAR¡¡¡¡ A PANCARTA ESTABA EN PEZOBRÉS , NA MINHA PALLEIRA DE PEZOBRÉS(...despois de seca-la herba..., segundo dixo meu padriño .. era grande..... prestábase....) asi que dende PEZOBRÉS - SANTISO . UMA APERTA .
OBRIGADA¡

FIZ disse...

Benchegado compañeiro....

Non te apures polo parón, mais de seguro sabes que moitos te botabamos en falta... ou non?

Mirámonos polos blogues..
SALUD

carlinhos disse...

Que saibas que vin a noticia de Ferreiro (polo menos) 400 veces ;) unha boa nova poderte ler de novo Riki!

Josu disse...

xa era ora.....de cumplidos NADA!!!!.....xa te teño mui avisao e un dia destes valas levar,,,,,,,,,,!!!!!tempo?tempo¿?:Ñ:......O tempo e noso!!!

rikimelide disse...

Saúdos a todo por -Aínda- seguir ahí. Marcus agradecense os halago pero pasachaste un feixe, Eva vou rectificar agora mesmo ;) (as presas non son boas), Fiz vémonos nos blogs como non xa vin que ti tamén estás de volta, carlinhos sempre fuches un home de paciencia e a Josu só decirlle que lle vou escapar cando o vexa que me ten moooooi avisado , saúde raaces ¡¡¡¡

Unknown disse...

Quérome sumar para darche a benvida e pedirche que non nos abandones outros dous meses, da gusto entrar no teu blog e ver que hai novas frescas.

Saudos fenómeno.

EVA disse...

dicir dixo " xeitosa " no canto de grande.. pero ben explicado... , dicir que a bandeira ( eu vina ) , non sufriu dano algún ,i semella que para o ano seguirá sendo xeitosa... polo tanto.. VACENAS¡¡¡ FAINOS FALLA¡¡¡

fandi disse...

benvido, dende esta actualización que el ritmo no pare no pare no.
hoxe entrei e quedei asustado con tantas entradas novas, a seguir así :)