sexta-feira, janeiro 23, 2009



A LAMBRETA DE RUDY
Para os amantes do básket e do deporte en xeral que o mallorquín dos Portland Trail Blazers, Rudy Fernández fora elexido para participar no concurso de mates do "All Star" da Nba do vindeiro febreiro e a culminación dun soño de todo unha xeración que se desvelaba para ver aqueles grandes concursos de finais dos oitenta e principios dos noventa.
A espectacularidade do precursor "Doutor J" -Julius Earving-, o incríbel concurso de Spud Webb de 1986 co seu 1.68 m. de estatura loitando contra as leis da física, e por suposto os grandes duelos entre Dominique Wilkins e o gran Michael Jordan fixeron do concurso de mates da NBA todo un acontecemento.
Dende aquela cada ano vemos como traballa o maxín dos concursantes para tentar sorprender ó xurado e ó público.
Segundo contan dende un xornal de Portland Rudy, dotado duns moi bos "muelles"- anda ensaiando un mate ó estilo Djalminha.
Póñemonos en antecedentes, Djalma Freitosa "Djalminha", un "mago" do balón que pasou pola Coruña deixou esta perla de calidade xogando en Riazor contra o Real Madrid: "A lambreta".

Curiosamente "o mate da lambretta" xa o fixo en varias ocasións con éxito un dominicano que xoga en Albacete, Orlando Sánchez.
Ahí o tedes:

A ver que pasa, o Slam Dunk do "fin de semana de las estrellas" será o sábado 14 de febreiro. A ver se o mundo se namora da espectacularidade do primeiro europeo en participar no concurso de mates yankee. Yes we can, criptonita para Howard.

Sem comentários: