terça-feira, dezembro 27, 2005


CB PALAS. OUTRO ANO MAIS.

Hola que tal, o Nadal que?, coma sempre, agardo que sin mais novidade de que a Botella de Anis del Mono, elemento percutivo por natureza, aguantara outro ano mais sen romper apóis da fricción que lle premeu a culler de turno.
Xa que recibin un Comentario de Vitorino Órdoñez de Palas, decíndome que o tema moi ben pero que do Clube Baloncesto Palas nada.
Pois voume desquitar logo. Decirvos que xogo no CBPalas dende a tempada 1998/1999, polo tanto e se boto ben as contas esta é a miña octava tempada defendo as cores dos da Ulloa(como pasa o tempo). Debutei con eles, con 19 anos, en Primeira División Autonómica(desposi de que o equipo conseguirá o ascenso na tempada anterior), e en fronte tiñamos a equipos da talla de Maristas-Lugo, CB Monforte, CD San Ciprian, Siglo XXI-Galicia, San Rosendo-Ferrol, CB As Pontes, Atlantico Coruña, Atako Pub-Lugo, CB Galicia-OAR Ferrol, Conchado y asociados, Estudiantes, AP Cambre e CB Sto. Domingo de Betanzos.
Baixamos, aínda que tiñamos un bon equipo, as lesións, o pouco adestramento e os compromisos persoais e laborais fixeron mella en nos e quedámonos a unha victoria da permanecia. Foi unha experiencia única xa que aquel ano e na aquela categoría enfrontamonos a equipos que agora estan na Liga EBA , equipos históricos (Oar ferrol)-xogamos contra eles un domingo ás 12 da mañán na Malata-tipo ACB, e contra un equipo de xente nova e de promesas do basquet nacional que era o Siglo XXI de Lugo, que daquela adestraba o ex-seleccionador e actual adestrador do Breogán, Moncho Lòpez, e que tiña nas suas filas a un Chantadino larguirucho que non xogaba moito, anos despois soupemos que era Fran Vázquez, xogador do Akasvayu Girona e seleccionado no Draft da NBA polos Orlando Magic.
Na 99-2000 xogamos na Primeira División Provincial de Lugo (hai 3 categorías) e dende aquela seguimos estando nela, sendo un dos históricos da competición.
O noso mellor posto destes anos foi un 2º de fai tres tempadas, onde fumos líderes boa parte da competición. O habitual en nós e facer o mesmo número de derrotas e victorias e manternos no medio da táboa, máis o ano pasado faltalle un pouquichiño pra baixares.
Neste ano empezamos perdendo con estrépito con Milagrosa, unhos vellos coñecidos que sempre estan ahi arriba e este ano van claramente a polo ascenso, perdimos de moito no pavillón da antiga Frigsa en Lugo, un recinto onde non nos gusta xogar nadiña xa que ten unha pisicina climatizada embaixo e sube o calor ata a pista facendo moi dificultosa a práctica do deporte. Reaccionamos e gañamos cómodamente na casa ó Celtas de Foz. E no último partido disputado voltamos saborear a victoria perante o Chantada na sua pista, por só 3 puntos de diferencia. Actualmente imos cuartos empatados a puntos co primeiro, a falta de disputarse un encontro entre o Y Que dure(Pub de Lugo) e o Deportes Élide no que presumiblemente gañen os outros candidatos claros o ascenso os Y que dure.

2 comentários:

Anónimo disse...

Ok, Victor, pois xa ves, eu tamen fun un sempre un grande aficionado o deporte da canasta, bueno a todo o deporte en xeral. Acordome perfectamente de Epi(pena que fora do Barça), Biriukov(Chechu), Petrovic(como non, cando xogaba na Cibona e calzaba unhos tenis Kronos)e de Manolito Aller buffff(Partidos na Galega, e o comentarista Sergio Delpont ou Ovidio nonseique "Manolito Alleeeeer, canastra" ou cando botaban a NBA os sabados pola mañán na galega "Scottie Paipen" jejej, o Cerca de las EStrellas de TRecet os Venres, daquela todo o mundo coñecía as estrelas da NBA, hoxendía só unha minoría e polo efecto Gasol. O equipo que mais me gustou sempre, a pesares de que son merengón, foi o Estudiantes, con Rickie Winslow, John Pinone, Orenga, Antunez, Gil, Arranz, unhos novisimos Carlos jimenéz e alfonso reyes, acordome con grande ledicia cando conquerirán a copa do rey e chegaran a Final Four de Estambul, onde perderán co Joventut dos Villacampa, Jofresa,Margall, Corney Thompson etc que a postre palmaron co Partizan naquel triple de Danilovi no último segundo. BUFFF O BASKET É APAIXOANTE VICTOR, pero bueno estos días hai que falar da Seleccción, comunicoche que vamos pro FONDO NORTE e xa temos unha pancarta de 6 x 3 m = 18 m2 dos de Melide, e a loxistica preparada para converter os arredores de San Lázaro nun autenito Caralmpio. veñaaaa fenomenooo

Anónimo disse...

Uf, q honrado me sinto ao me mencionares no teu blog. Non sabía eu q a miña opinión che importara tanto :D, grazas por tela en conta....
CB Palas :D