terça-feira, dezembro 06, 2005


CONCERTO DE ITH ESTE MÉRCORES 7/12 NO GATOS.

Guten taken meus, pois aqui che andamos de ponte e esqueciame de anunciarvos que este mércores víspora do día das Conchas (8/12)no gat-horario habitual e no gat-garito de sempre vai estar o grupo rock de Xanceda (Mesía) e de Boimorto (Vaca é), mesturados o 50 % vol, ITH. Está formado por Toxo (mestre artesán e constructor de guitarras autodidácta) de Arentía-Andabao (Boimorto) ó baixo, Miguel Folgueira (apagafuegos)de Os Anxeles (L.A)-Corredoiras-Boimorto a bateria, Miguel II, guitarrista, de Xanceda, e Pablo na outra guitarra e voz (Mesía too).
Como podestes comprobar personaxes moi queridos e moi activos na música da comarca son membros deste combo que fai un rock duro en galego moi interesante, onde podemos atopar dende versos de Celso Emilio ata punteos "made-in-soho".
Interesante tamen as versións que fan de grupos míticos xa, como Guns and Roses, Mike Oldfield, Rolling, Bob Marley etc etc
Pois eso, si tedes tempo e vagar pasade polo Gatos e ó mesmo tempo de que vos quentades na cheminea de leña tamen se vos queceran as orellas co ritmo das duras notas de guitarras salvaxes e ceivas, duns guerreiros do corazón de Galiza.
O nome tomano de ITH, fillo de Breogán (caudillo celta), conta a lenda que Ith dende o alto da Torre de Hércules divisou unha nova terra e lanzouse na sua procura, esa nova terra era a Verde Eirín, a nosa irmá Irlanda.
No outro orde de cousas o CIRE perdeu este pasado domingo fronte o Rialeda (Betanzos) por 0-1 en encontro disputado en Melide. Partido de pouco fútbol no que o Cire mostrou vontade e ocasións para darlle a volta o gol tempraneiro dos brigantinos, pero a escasa fortuna e a mala actuación do colexiado empediron a ansiada remontada pola poboada grada nunha tarde de frio e aire.
Sen mais, como diría Nani, Saúde e rockNroll.

2 comentários:

Anónimo disse...

boas riki, akí david contrasurco, sabes se os ITH teñen algo gravado?
saude e concentración parcelaria!

rikimelide disse...

Teñen unha maqueta e estan a espera de grabar outra con maior calidade e con novas cancións.
Prometo(a ver si é certo e si son capaz) poñer na páxina algun dos temas en formato mp3.
Sen mais, obrigado David pola tua visita e hai que darlle caña a Contrasurco¡¡¡, .
Sociedade agraria concentrenseme na era da parcelaria.