quarta-feira, dezembro 21, 2005


PROGRAMACIÓN DO GATOS PARA OS SEGUINTES VENRES.

Vaise acabando o ano e xa están as uvas e o cava preparado, pero sempre celebraremos que no PUB GATOS hai concerto, cousa rara ¿non sí?, así que a espera de pechar uns flecos para informaros do que acontecerá en Xaneiro vou relatarvos os que restan deste mes de Decembro, derradeiro deste ano de 2005 (estou profético).

Coma aperitivo da Noiteboa e dando un xiro ó que estamos acostumados no Gatos o Venres 23 faremos unha gran festa co grupo de música tradicional "OS MELIDAOS", que como ben indica o seu nome son de Melide aínda que sempre hai algún infiltrado, ¿verdade Xele?. Non se descarta que preto do fin da actuación a cousa se desbarre un anaquiño e apareza algunha que outra "jitarra eleutrica" e "janas" de festa a esgalla. Rum, rum, rum ...suspense, suspense..haberá que estar para comprobalo.

E o Venres 30 para despedi-lo ano no que a concertos se refire, qué millor que facer unha grande homenaxe ó rock and roll, e para elo nada millor que versións das millores bandas e intérpretes da historia: Doors, Led Zeppelin, Janis Joplin, Rollings Stones, AC/DC, Eagles, Stepenwolf..etc que estarán maxistralmente interpretadas polo grupo coruñés THE MITICOS, agora xa se sabe de qué ven o nome. Despois desto creo que as uvas correrán millor pola miña gorxa o día seguinte, ¿non vos parece?.

Coma sempre a entrada será de balde e comenzará todo o tinglado a partires da unha da noite.

Nada máis, para este ano chegou, así que non vos dou a tabarra ata o ano que ven (uf que alivio diredes).
Pero antes de que acabe este voltarei a tolearvos cos de Xaneiro, ¡qué mentireiro son!, ja, ja, ja

Que teñades tod@s moi boas festas e o ano que se aveciña supere con creces este que abandoamos. Saúdos e moitismo r´n´r. Nani . www.pubgatos.tk

2 comentários:

Anónimo disse...

Macho, q me parece de pm que teñas un blog, pero ben podias deixar un pequeno recuncho para o noso querido CB PALAS.

En canto teñamos a equipación pasoche o pedazo de escudo que se traballou o noso compañeiro Fandinho :D e fas un pouco de publicidade.

Un partido no banquillo nn sería o mesmo sen ti

Un saudo, dende Palas

Anónimo disse...

Vitorino, farase unha sección sobor do CbPalas non teñas medo, e gracias pola visita, a próxima tomaslle algo.