VOLTA A VICTORIA Ó FUTBOL MELIDÂO E O CIRE ENTRA EN DOUS DIXITOS POR PRIMEIRA VEZ EN MOITOS ANOS. XA TEMOS 10 PUNTOSSSS. (3 victorias e un empate). Cire-Mesía 5-3
O Cire gañou ó Mesía na casa gracias a cinco goles de Jesús Vázquez Jecho, os tres tantos dos visitantes non foron dabondo para conquerir a victoria en Melide.
Nun partido disputado, outra vez mais a valía e a clase de Je foi determinate para levar os tres puntos. Non sei exáctamente os goles que levará pero coido que todos os do equipo agás unhos pouquiños, como anécdota cabe sinalar que no partido fronte o Sobrado Xuventude un dos goles do Cire foi conseguido nun barullo no área a salida nun corner, o arbritro preguntoulle o noso central e capitan aquel día, Capi ,quen acadara o tanto e este respondeulle coa sua sorna característica nel habitualmente: "Apuntallo ó 11 que o que os leva todos". Onte meteu tres de pena máxima, un de rexeite a saque de falta dura por parte de Brais e outro a pase de Santi. A verdade e que a ninguen se lle escapa que este é un xogador de outra categoría. Hoxendía é un privelexio para o Cire que siga connosco, soio destacariamos un defecto neste home, debería ser menos polémico, pero bueno a raza e a casta saen de dentro e senón que llo prgunten a Sotichkov e a outros moitos. Dende aqui dexesarlle o mellor tanto a el coma a todos os seus compañeiros, que fixeron tamen un grande esforzo no partido de onte. Cabe sinalar que debutaron Carlos Sesar na portería, Perillas sancionado por 5 cartóns non xogou, e Miguito, cunha boa actuación na primeira parte e mantendo o tipo na segunda.
Como resultado sorprendente, ou non, nesta xornada do grupo 4º da terceira rexional, o Sobrado X. Vs Mesón do Vento ou Bento (non o sabemos) que acabou cun 1-0 para os amarelos inflinxíndolle a terceira derrota desta tempada os lideres da categoría.
segunda-feira, dezembro 19, 2005
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Gracias Victor, pola tua información sempre puntual e ó día.
Alédome de que a actuación dos "compatriotas" fora boa e noraboa por ese trunfo tan importante, recomendo que entredes no foro do Casx para ver a cróncia de Lato. Polo que me dis de J.Meana, pois nada novo baixo o sol. Antes nada e agora mais papistas co papa e discutindo tonterías coa Dirección Xeral do Deporte, impulsura claramente da Selección. Pero bueno eso xa é política, e a política como ben sabes é moi "porca". SAUDOS PARA AS TERRAS DO CÍSTER E SORTE NO PARTIDO DO DIA DE NADAL JEJEJ, PAZITOS HASSHHH.-TRINNNN.
Enviar um comentário