sexta-feira, fevereiro 23, 2007

Como ben sabedes hai, mais ou menos, un mes que fixen un pequeno especial sobre a historia do balompé melidense, como me imaxinaba, a escolma iba quedar moi incompleta e estou a recibir cada semán achegas de xente que ten imaxes e sabe historias daqueles "maravillos años", tamén intentei non deixar de lado outros deportes, aínda que menores non menos importantes, como o basket ou o ciclismo (teño o capítulo do hockey na récamara). Para profundizar un pouco mais na nosa historia e completala, á parte do deporte, o capítulo da CULTURA é fundamental, é unha institución que turrou moito en prol dela e que foi pioneira é o Museo da Terra de Melide aqui vos deixo unha breve historia feita por Soqui Cea, publicada no último bolétín(nº dezanvoe) do senlleiro Museo:
BREVE HISTORIA DO MUSEO DA TERRA DE MELIDE

27 anos de traballo por e para Melide


A directiva do Museo da Terra de Melide cre moi necesario dar a coñecer a historia do noso Museo á xente nova e con ese obxectivo publica estas páxinas nas que se pretende resumir o intenso e continuo traballo durante algo máis dun cuarto de século.
Din que non se pode querer aquilo que non se coñece, por iso é moi importante dar a coñecer a historia do Museo da Terra de Melide para que cada vez sexa máis grande a familia de socios, amigos e admiradores/as do Museo.
Dicir para comezar que o noso museo naceu no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudio, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide.
1ª época: 1978-1982
Instálase no baixo da Casa do Concello, nas dependencias da entón Biblioteca Municipal, cunha mostra arqueolóxica castrexa e facendo cada verán exposicións temporais de etnografía, charlas e conferencias que puxeron os alicerces do futuro proxecto e creou a necesidade de conseguir máis espazo para unha exposición permanente de etnografía.
Nun tempo no que se abrían pistas, estradas e camiños, houbo numerosos achados arqueolóxicos á beira dos castros da Terra de Melide, e isto fixo posible a recollida fortuíta de anacos de cerámica castrexa. A eles engadíronse máis tarde outros útiles atopados nos labores agrícolas, moitos dos cales foron doados por nenos das escolas, sabedores do seu valor histórico grazas ás charlas e mostras que un grupo de afeccionados, chamado Grupo Arqueolóxico “Trisquele”, facía nas escolas e colexios da comarca. O Grupo Trisquele estaba formado por Xosé Manuel Broz Rei, Roberto Penín e os irmáns Xulio e Benedito Álvarez García. Este grupo de amigos puxeron, sen dúbida algunha, a semente do Museo da Terra de Melide.
Posteriormente, asínase a Acta Fundacional do Museo da Terra de Melide na que aparecen como fundadores do mesmo os seguintes: Xosé Manuel Broz Rei, Xosé Domingos Fuciños Gómez, Xulio Álvarez García e Benedito Álvarez García.
2ª época: 1982-2000
No ano 1982 faise o traslado a unha casa particular na que se instalan dúas salas: Arqueoloxía e etnografía. Unha casa de Xosé Domingos Fuciños, moi próxima á Praza do Convento, foi a sede do Museo durante 19 anos.
A colaboración da xente e o constante apoio económico dos socios/as foron decisivos dende o comezo pois a meirande parte das pezas eran doazóns e conformaron a primeira mostra da cultura da Terra de Melide.
3ª época: 2001-2005
No ano 1999, os numerosos fondos do Museo e toda a súa actividade esixían unha total renovación e ampliación pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como se decidiu adquirir o antigo hospital de peregrinos de Melide, unha das casas máis antigas e importantes da vila posto que data do ano 1502.
Foi tal o interese xeral no novo proxecto que en só tres meses conseguiuse os oito millóns de pesetas necesarios para mercar a casa. Dese xeito, o pobo de Melide mercou por subscrición popular o que é na actualidade o Museo da Terra de Melide. Grazas a ese admirable e singular feito, o Museo ten hoxe un edificio propio, se cadra, como premio a toda unha vida dedicada por enteiro ó estudio e divulgación da cultura dunha comarca e a gardar, conservar e transmitir a nosa memoria histórica e cultural á novas xeracións.
Unha vez mercado o inmoble, cumpría reconstruílo e, para iso, recibiuse no ano 2000 unha achega económica da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña de 30.000 euros cada unha. Pero, esa cantidade non foi suficiente para levar a cabo as obras, polo que fixo falta novamente a axuda económica dos socios. Nunca debemos esquecer que os veciños, socios e amigos de museo responderon unha e outra vez a este proxecto e así foi posible xuntar máis de 10 millóns das antigas pesetas para a construción do edificio
Finalmente, despois de dous anos de obras non exentas de grandes dificultades e problemas que convén esquecer, tivo lugar o 26 de maio de 2001 a inauguración do novo Museo. Facíase así realidade un soño que enche de orgullo a todos os melidenses.
O Museo abría así as súas portas sabendo que aínda quedaban moitas obras por facer e mellorar. Houbo que poñer uns pasamáns provisionais de madeira, o chan das plantas quedada cunha capa fina de cemento, a luz das salas era moi deficiente, non se puideron colocar persianas nas ventás traseiras, etc. E así estivo o Museo durante catro anos.

4º etapa: Dende o 2005
Houbo que agardar case cinco anos para poder ver rematadas as obras do Museo e foi grazas á importante axuda de 30.000 € da Deputación da Coruña. Así, o 30 de novembro de 2005, O Museo da Terra de Melide abriu novamente as portas cunhas instalacións totalmente renovadas e melloradas. Foron o Presidente e Vicepresidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e Xaime Bello e a Deputada melidense, Socorro Cea, os encargados de inaugurar as novas instalacións con madeira no chan de todas as salas, pasamáns novos de aceiro e cristal, persianas, vitrinas acristaladas, máis iluminación, etc.
Agora si que temos un Museo digno de ser visitado, do que podemos sentirnos moi orgullosos e do que temos a obriga de coidar e mellorar cada ano.
Finalmente, cómpre lembrar que, 27 anos despois do nacemento do Museo da Terra de Melide, a Xunta Directiva do Museo está formada por Xosé Manuel Broz como Director-Presidente do museo, Benedito Álvarez de secretario; o seu irmán Xulio, como vicepresidente do mesmo e Xosé Antonio Díaz Rodríguez como tesoureiro e que na actualidade contamos con máis de 300 socios repartidos do seguinte xeito:
13 socios protectores que pagan 150 € ao ano
33 socios colaboradores (55 € ao ano)
327 socios que pagan 30 € ao ano.
A todos eles, o noso máis sincero agradecemento pois a súa fidelidade co Museo fixo posible facer realidade o proxecto cultural máis importante que temos no noso Concello.
Dicir tamén que o Museo da Terra de Melide pertence desde a súa fundación en 1981 ao Consello Galego de Museos.
Agardamos que este breve resumo da historia do noso Museo sirva para coñecelo un pouco mellor e para que siga medrando o número de socios pois son a mellor garantía de continuidade, conservación e mellora do mesmo.
Soqui Cea Vázquez
Socia do Museo

4 comentários:

Anónimo disse...

riki debeu morrer....

Anónimo disse...

aínda non, aínda non pero non se preocupar, aqui na terra (bueno baixo dela si), non queda ninjién, foiche sempre e serao, é paradóxico a única vez en que a vida é xusta e igualitaria con todo o mundo é precisamente cando esta remata.
Asi é todo que tarde moitos anos e vos igual eh, por pedir que non quede, veña vou escribir algo que xa non é sin tempo.

Anónimo disse...

uuuuuuuuuiiiiii, riki, como te vemos!!!
ánimos para todo, se os precisas, e, veña, que estamos ávid@s dos teus comentarios!

Anónimo disse...

http://achatcialisgenerique.lo.gs/ prix cialis
http://commandercialisfer.lo.gs/ cialis
http://prezzocialisgenericoit.net/ cialis costo
http://preciocialisgenericoespana.net/ cialis