segunda-feira, fevereiro 12, 2007

ME LLENA DE ORGULLO Y SATISFACCIÓN...

Este pasado domingo non foi dos mellores, perdía o Cire en Sobrado, caía o Madrid de básket etc etc, pero a xornada tivo o seu punto bon lendo un artigo no xornal "La voz de Galicia"
Un traballo sobre alumnado rural gaña o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
11/02/2007
Un traballo que analiza a nivel cuantitativo e cualitativo a discriminación do alumnado rural que acode a centros de ensino da vila de Melide é o gañador da duodécima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Santiago Prado Conde é o autor do estudo, titulado Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .Convocado polos concellos de Allariz e Castro Caldelas e polas fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco, foi fallado onte polo xurado formado por Fernando Acuña Castroviejo, Teresa Devesa Graña, Xosé Manuel Cid Fernández, Francisco Fernández Rei e Xerardo Pereiro Pérez. Salientan que se trata dun traballo pioneiro na antropoloxía da educación e que convida á reflexión e á transformación da actual realidade educativa. O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra.
Noraboa e parabens para Chago do Chiquitín (antropólogo melidán e Cum Laude pola Univeristat Autónoma de Catalunya) un orgullo para Melide, sí señor. A seguir así meu.

3 comentários:

Anónimo disse...

boas,
tiven a ocasión de cadrar con Chago nunhas xornadas sobre educación no rural, e o certo é que xa nesa ponencia aquí o compañeiro demostrou que sabe un anaco largo do tema.
Noraboa polo traballo e por representarnos aos que viñamos ao instituto na mobilete....

Anónimo disse...

Unha vez mais, queda de novo demostrada a máxima de que todo esforzo obtén sempre a súa recompensa. Logo de anos traballando na sombra horas e horas, e logo do recoñecemento cum laudem, Chago empeza a recoller todo-los froitos do seu traballo. E isto Rapaces e rapazas, e só o principio. O mellor está por vir, seguro. PARABÉNS CHAGO, xa sabes que nos alegramos moito por ti.
BICOS.....FIZ e FamiLIA. Bath

Anónimo disse...

E eso que tivo que facer todo de novo porque lle ardeu o ordenador e non tiña a copia de seguridade, eso desespera a calquera.
Un saúdo pa england e para as/os que pasaban mañás de frío na "mobilete" ou vehiculo similar para vir a Melide por suposto que tamén jajja,