Hoxe estiven falando cun home que é historia viva do deporte nas comarcas do interior de Gz. Trátase do arzúan de nacemento e melidán de adopción J.L Carril que leva mais de trinta anos federado ó fútbol (actualmente milia nos veteranos do Arzúa) e empezou xogando en categoría senior no CSD Arzúa sendo un cativiño e con ficha de xuvenil. Coñezo a Carril dende fai anos e a verdade é que se lle iluminan os ollos cando fala das épocas douradas do fútbol da comarca, el militou no Arzúa (en Rexional Preferente), no Boimorto (ídem), no Órdenes (alomenos tamén en preferente), no Cire de Melide e en mil equipos mais ,en maratóns de fútbol sala ou onde o chamasen, tamén foi gañador de probas de carreira pedestre (hei conseguir unha foto na que sae cunha copa na que é cuspudiño a Fandinho). Gustáballe tanto o deporte que había fins de semana nas que xogaba a tres e a catro partidos e aínda iba de caza ou de pesca¡¡¡ (outras das suas grandes paixóns).
Cando escoito a Carril falar intento abrir ben as orelliñas para intentar meterme en situación dos tempos "bós" do fútbol afeccionado destes lares, miles de anécdotas saen nas conversas , algunhas irreproducibles neste blogue . Se el disfruta contándoas eu aínda disfruto mais escoitándoas, gracias tío por ser como eres.
Este rollo macabeo (merecido) ven porque Carril me deixou unhas fotos da súa etapa no Cire. Aqui vollas deixo,a primeira delas está tomada no campo da estrada da Golada, nunca vin o campo en tan bon estado coma o día da foto(agora xa sabemos que o vamos ter sempre ben, ah o campo ó final aínda non se inaugura para esta xornada, será para a seguinte, a ver¡¡).
Eran tempos no que o presidente era Benito, como curiosidades da foto non parei de rir cando vin os dous zagales que estan abaixo á esquerda, sí amigos, acertastes, son Jose Costoya e Fran "Cebolo" jejje, o balompé lévano no sangue dende cativiños.
No referente a indumentaria, camisesta Puma (aínda non estaba de moda) e publicidade do BB, Banco de Bilbao, agora van xa no BBVA y subiendo.
Na foto vemos entre outros a Paco do Marta, o propio Carril (segundo pola esquerda arriba), Milisky, Michel, Benito, Paulos,Buxy, Alfonso García "Pipino", Julio "Xuma", Víctor de Roque, Goros ou Cea (que exercía tamén de adestrador). Militaban na primeira rexional, tope da nosa historia.
A segunda das imaxes xógase pouco tempo con esta do Cire e nela saén os compoñentes do CSD Arzúa (en Rexional Preferente) e os xogadores arzúans que militaban esa campaña no Cire Melide (en Arzúa chamaban o Cire daqueles tempos o Arzúa-B xa que militaban entre outors, Buxi, Carril e Paulos). Entre os compoñentes branquiazuis distinguénse ó xerundense Juan Gallego (ex xogador do Real Madrid Castilla e veciño de Melide na actualidade), Pachal (o da radio) ou Fiúza entre outros.
Eu xoguei en varios equipos e campionatos con Carril e aprendín moito del (tanto no tereo deportivo como fóra do campo onde o compañeirismo e o bon rollo é o mais importante), agora ós seus cuarenta e pico está pensando en retirarse , eu coido que aínda lle queda moito fútbol por ensinar pero a decisión é del.
Para rematar este sentido homenaxe poño unha foto mais recente, de xullo do 2005, ano no que xogamos co "Templo de Nefertari" no campionato de fútbol 7 de Toques. Un equipo internacional (para que despois digan que hai rivalidades e localismos). Mais da metade do equipo era de Arzúa (Núñez, Camiño, Miguel Toldos, Pedrito, Carbón etc), Xele e Carril (medio recastados de Melide),José Costoya e eu de Melide, David o do Templo , Coruña-Melide, e Casal, Prados-Paradela-Toques. Coido que caímos en cuartos pero pásamalo en grande. Disculpade a calidade da imaxe é que ma deron no Templo e xa vos imaxinades.
1 comentário:
Victor o marelo é unha boa cor.
O motivo de que o Cire xogara de amarelo era que se podían confundir as camisolas coas do Arzúa, branquiazuis. Por certo o resultado do partido en Melide o 17 de agosto do 86, torneo do san roque ,foi 1-0 para os nosos e o da outra foto outor 1-0 para o Arzúa en partido disputado o remate da tempada 85-86 en maio no terreo dos do queixo.
Veña un sáudo antroideiro para o "mais aló" detrás do futuro parque eólico do Bocelo.
Enviar um comentário