"MELIDE É MAIS VITAL": Cristina Lago
Ollando os blogues dos Fernández Otero, http://www.marcus.es e http://www.xurxo.net atopei o video da que será participante por Melide no novo programa da Galega chamado Son de Estrelas, unha especie de OT presentado por Teté Delgado e onde os concursantes son seleccionados por comarcas. A nosa representante chámase Cristina Lago, ten 21 anos e é camareira. No video ela di que é de Arzúa, ??, algúen dixo que era de Baltar (unha parroquia pertencente a Melide pero mais perto do concello de Arzúa), e nel da a súa opinión (debéronlle preguntar que diferencias había entre as vilas) na eterna comparanza con respecto ás duas cabezas comarcais do interior. Entre os seus gustos musicais están "Mónica Naranjo" e "Camela" , grandes clásicos que aínda se escoitan en Radio Melide en doble sesión.
15 comentários:
Riki! eu tamén vin este momentazo o outro día na tele, e os comentarios foron pouco menos ca... aaai miña xoia, non sabes onde te metes!
En fin, a ver que imos sabendo da compañeira...
Unha aperta,
si oh, meteuse nun xardin ou mellor dito nun monte de 100 ferrados jejeje esto promete veña un saúdo
si oh, meteuse nun xardin ou mellor dito nun monte de 100 ferrados jejeje esto promete veña un saúdo
Que alejría cando me amosaches que esta xoia ía participar OTR (Operazón Trunfo Rural) porque eu coñezoa ben. Oriúnda de Piñeiros (Baltar) é a camareira da Cafetería-Panadería Vazquez en Arzúa onde debe estar moi ben vista ultimamente sobre todo despois da viperina comparación de torrentes sanguineos. Aparte de todo , e deixando a unha banda o seu exquisito gusto musical....,
é boa rapaza, simpatica e aficionada a mete-lo cohe nas leiras de millo de rendal, onde non hai moito que esnafrou o seu opel corsa que agora cambiou por un flamante clio.
O futuro que lle vexo..... Eurovisión .... máis ben non.... como moito facendo dúo con Suso de Boente naljunha festa dos vellos...
Saudos Riki e todos. Varela
Jajja, "as duas Bes" conexión Boente-Balra. jaja Unha aperta "de poder a poder" Varelita. Gracias pola información. Veña cuidate -Maldito¡¡¡¡¡-
Pois para ser da miña idade non teño nin puta idea de quen é.. Debeu estudar en Arzúa porque eu en Melide que me muera se a vin algunha vez... Nada, hai que meter os de Boente en Melide e aos de Baltar en Arzúa, facer ahí un cambio estratéxico, fixo que máis de un estaría contento co cambio...
A efectos prácticos coido que os de Boente xa tirán mais para aqui e os de Baltar para alí, pero...
Agora o motivo de que non a coñezamos pode vir de que estivo vivindo en Sobrado moitos anos, segun me contaron.
Poís en efecto, Riki. A moza viveu en Sobrado dende máis ou menos os 7 anos ata os 19, máis concretamente nas Abeleiras (Codesoso).
Si sé fai fomosa xa vos venderei máis informaçao a un modico preço. ;)
Saúdos.
hb
hb
segue asi de ben que para o caralampio de este ano ves de actuacion estelar jejeje animo que chegaras .................
non te pases de listo co de contar mais cousas da sua vida, o que mais fala e o que mais ten que rascar
????
En primeiro lugar quero pedir perdón a Riki por utilizar o seu blog para discursios persoais, se nalgún momento as hai.
............................................................................................................................................
non te pases de listo co de contar mais cousas da sua vida, o que mais fala e o que mais ten que rascar
............................................................................................................................................
Joder, pois non sei por quen vai iso, pero parece unha ameaza en toda regra...
Se fose eu estaría acojonadisimo.
Hai xente que non pilla unha irónia nin aínda que lle fagas un croquis. :P
Falteme cristo se aínda vai ter algho que ocultar a pipiola esta!!!
E por certo, se tan ben coñeces a xente... non firmes como anónimo o deixar a túa opinión, home!
Pdta: Mira que o final aínda che vai ter máis morbo do que me pensaba a nena... Agora suben o prezo das exclusivas xa que vexo que se fixo famosa antes de tempo. ;)
Bueno, pues todo está dicho y hecho, sen máis só me queda perdoarlle as molestias causadas e mandarlle un Saúdo a vostede Doutor.
bueno agora xa a chimparon... a fama barata dura pouco. Un saudo
Enviar um comentário