terça-feira, fevereiro 13, 2007

"A MUIÑEIRA MECÁNICA"
Foi tal o éxito das fotos do deporte en Melide que todo o mundo (bueno de momento só Puncho e Alberto) quere colaborar, e eu encantado de poñer neste humilde espacio anaquiños da nosa hisotria e retazos das xentes e os lugares do Melide de antano. Para os que o queirades facer tedes este e-milio: rikimelide@gmail.com .
Bueno, no capítulo de hoxe uns singulares gaiteiros cambian o instrumento patrio polo balón e as polainas polos pantalóns curtos para disputar o xa comentado Campionato de Agosto.
"Froito novo", agrupación fundada ó amparo dos Padres Pasionistas e de Gabriel Mato "Garceiras" tiña tempo para todo, tanto animaban unha romaría coma suaban ó uniforme roxibranco e estas fotos de embaixo así o atestemuñan.

De esquerda a dereita e de pé: Miguel de Mina (porteiro, Mingos de Pita, Cabezudo , e Ramón (Chita). Abaixo: Pita panadeiro, Dimas e Moncho Palancas.
A foto está tomada no grupo vello (nº 1) nos primeiros oitenta coa grada da portería a media entrada e onde distingo a varias persoas.

Nesta outra imaxe, xa tomada no pavillón actual, vemos de esquerda a dereita e de pé a: Miguel de Mina, José de Mina, Ramón, Ferrys e J.R de AGolada. Abaixo: Mingos, Michel, Alfonso de Mina e Pazo Cabezudo.

Non sabemos si o entrar o campo soaba o "Antigo himno do Reino de Galicia" pero ben podería ser polas veces que o interpretaron en procesións e actos diversos os compoñentes da nosa agrupación folclórica mais internacional ata o momento.Ata aquí a entrega de hoxe, gracias a Alberto Prado por pasar o traballo de dixitalizar as fotos e mandarmas (eres un fenómeno, cuerno).
Nas próximas edicións , xa vos informo, veredes un dos mellores ciclistas galegos da historia compartindo unha xornada de cicloturismo co mais granado da socieade melidense de finais dos oitenta, non vólo perdades.

4 comentários:

Anónimo disse...

Xa que vai de futbol decir que (como decias nunha entrada anterior) Me llena de orgullo y satisfacion... decir que os nosos cadetes estan a tan so 3 puntos de conseguir o ascenso de categoria xa que un dos seuus rivais pinchou esta semana. Ademáis con 4 puntos (quedannos 6 por disputar) teriamos case seguro o título de liga xa que por o momento temos a diferencia de goles a favor.
Un saudo e forza Cire

Anónimo disse...

un bo traballo, si señor

Ghaiteira disse...

Ñooooo! Fixeime na primeira foto e aínda non existía a Estación 35/Terminal/Metro, era un simple garaxe. Pero eso si, Mingos xa tiña a barba.
Noraboa por estos "reportaxes" porque a verdade é que están xenial

rikimelide disse...

Obrigado a tudos, seguiremos logo poñendo imaxes do "melide de antaño" jejejje, sí tes razón que aínda non abrira a EStación, tardaría unhos seis sete anos despois desa foto, mais ou menos.