quarta-feira, fevereiro 14, 2007

O premio Vicente Risco recibido polo melidao Chago Prado levouno a esta entrevista publicada en http://www.galicia-hoxe.com e en http://www.elcorreogallego.es aqui vola deixo en toda a sua integridade:


O desprestixio do traballo agrario provoca emigración
O antropólogo Santiago Prado alerta de que “a institución educativa lles nega a identidade cultural ós mozos"

V. Oliveira. Santiago
O antropólogo Santiago Prado cre que o sistema educativo non responde ás necesidades dos alumnos do rural"A emigración dos mozos galegos con fracaso escolar é unha estratexia de resistencia". É unha conclusión do antropólogo galego e investigador na Universidade Autónoma de Barcelona, Santiago Prado Conde, que acaba de recibir o Premio Vicente Risco por unha obra pioneira nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia.
O experto regresou á súa vila natal, Melide, para indagar nas razóns das elevadas cifras de fracaso escolar entre os estudantes da vila. No seu traballo, que leva o título provocador de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide, Prado cre que os mozos de Melide cun baixo rendemento escolar viven "un proceso de resistencia cara á institución educativa que lles nega a súa identidade cultural e cara á comunidade rural porque o que aprenderon non é a súa memoria lexítima". Isto explica, na súa opinión, que os estudantes opten pola emigración "debido á falta de perspectivas económicas".
"Eu fun vendo como os meus colegas da EXB abandonaban o sistema educativo e quería buscar a que se debe isto", sinala Prado. O antropólogo comezou a súa investigación no Instituto de Educación Secundaria de Melide no ano 2000 con entrevistas ós profesores e o seguemento a 70 alumnos do centro e a súa contorna familiar.
A mala consideración do emprego agrario por parte dos rapaces inflúe cando deciden facer o que lles din as súas nai: "primeiro que busquen traballo fóra e se non atopan nada, que queden coas vacas". Unha ideoloxía que se reproduce debido a que aqueles que xa emigraron xeran unha serie de expectativas falsas. "A institución escolar non resulta atractiva para os alumnos porque reproduce o anterior sistema educativo", afirma.
Agora, o antropólogo está a investigar sobre outras zonas rurais europeas e realizou varios traballos sobre o Museo Etnográfico de Ribadavia e o Museo Galego do Viño.

CANDO EMIGRAR É A ÚNICA SAÍDA
"Utilizan o galego e non o cambian"
O desprestixio do rural provoca que os procesos migratorios tamén varíen. "Se nos anos 70, os emigrantes marchaban para regresar, agora xa non se pensa en volver", asegura o antropólogo. Porén, un trazo común é que utilizan o galego e non cambian a lingua cando regresan da emigración. A consecuencia lóxica deste proceso é que "non hai recambio xeracional". Se a migración dos anos 50 e 60 se debía a que había demasiada xente e poucos recursos, agora que melloraron as condicións laborais e económicas, a primeira opción é "marchar, non quedar". Consciente de que "en educación non existe unha variña máxica", Prado cre que se debería artellar un "cambio estrutural do sistema educativo cunha maior sensibilización por parte do profesorado e valorar o que saben os alumnos", apunta. Incluso cos rapaces que tiveron éxito académico "non houbo unha absorción do capital humano" ó que o Estado lle custa unha forte "inversión

6 comentários:

Anónimo disse...

Boas, Riki.
Hoxe tamén falan de Chago na edición de Santiago de La Voz de Galicia, ademais, nunha entrevista feita por outra melidá (Natalia Noguerol). Aquí che deixo o enlace, e segue así co teu blog, que nos fai un pouquiño máis orgullosos do que temos (coma sempre, teñen que vir os de fóra a falarnos ben de nós...

http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=5548290

Ghaiteira disse...

Teño que dicir no seu favor (ou non) que eu fun un desos 70 alumnos aos que fixo unha entrevista. Síntome coma importante xa que cunha pequena area que din eu gañou un premio jajajaja
Pois nada, noraboa a Chago.

rikimelide disse...

Gracias Vanessa polo link, xa o vou poñer no blogue, si oh, éche ben triste que sempre nos valoren mais os de fora que os da beira da casa, pero hai que seguir loitando por que muden algo estes rancios cosutumes, un sáudo.
E alégrome por Laura-ghaiteira por ser partícipe no estudio de Chago, o que non sabemos e en que lado da balanza se movería, jejeje é coña veña cuidesenme¡¡¡¡¡

Ghaiteira disse...

Bueno, fracaso escolar teríao (coma todos, quen non suspendeu algo na súa vida...) pero o instituto remateino, eso debe ser algo bon jajaja

Anónimo disse...

Quería darlle a miña máis emotiva noraboa o amigo Chago, xa que co que tivo que traballar, ben merece o premio, destacar tamén a o Sr Chago principalmente como unha moi boa persoa que nunca lle vin perder a sorrisa e realmente é un tipo entrañable.

Hibris. disse...

Lin recentemente este libro e paréceme moi interesante. Penso que todos os galegos, sexamos do rural ou do urbano, vemos este proceso de desprestixio, nalgúns casos, hacia o rural e as desventaxas que ésto conleva. Supoño que a obra de Santiago Prado contribuirá a resaltar este aspecto e a que se poña unha solución axiña.

Dareime unha volta polo teu blog :)

Un saúdo.
Hibris