quinta-feira, fevereiro 08, 2007

LAMATUMBÁ, PARTIU¡

Xa se comentaba fai un mes e confírmase a nova, o conxunto ourensán Lamatumba vai sufrir cambios no seu plantel.
As baixas, "por discrepancias internas no grupo" segundo se conta na nota de prensa que lle remitiu o guitarrista Abraham "El niño"ó programa "Aberto por reformas" de Xurxo Souto son as seguintes Ico; cantante, compositor e membro fundador, Samuel Agite, membro fundador, trompeta, trombón, frauta e voz, Abraham; guitarra clásico, e Cris, acordeón e teclados.
Non sei que dicir, é unha mágoa pero a vida continua, hai que quedarse cos marabillosos momentos que este grupazo nos deu e cos que nos dará (agora sen parte fundamental da súa historia).
Comentábame Vituco de Aríns o sábado antes de que subirá a tocar nas táboas do Gatos cos Ruxe-Ruxe (por certo menudo concertazo) que se rumoreaba que iba haber unha escisión neste grupo xa senlleiro do panorma galaico, facíamos as nosas porras, acertamos con Abraham pero non contabamos que se marchara Ico, Samuel e Cris (eu polo menos, ó consideralos sobre todo a Ico e a Samuel alma-máteres da historia, pero...)
1998, feira das Mentiras organizada por Manu Chao en Salgueiriños en Compostela , un grupo de rapaces ourensás encabezados polo propio Ico e Samuel montan un conxunto chamado Los Carayos de Ourense para formar parte de devandito evento. Nacía Lamatumbá. 1998-2007.
Longa vida a nova Lamatumbá e longa vida tamén a Ico, Abraham, Cris e Samuel que seguro que non darán estado quieto e seguiran escribindo páxinas de ouro na música galega contemporánea.
Na sua páxina web tamén informan:
Neste comezo de 2007, queremos comunicarvos cambios na tripulación deste barco lamatumbeiro. Ico, Samuel, Abraham e Cris inician novos camiños fóra de Lamatumbá e o grupo está a acometer unha renovación que verá a luz nas vindeiras semanas. Manterémosvos informados.
O concerto do vindeiro día 16 de febreiro en Solsona (Catalunya), será o derradeiro coa actual formación, a que nos últimos meses percorreu os escenarios de todo o estado presentando “lume (para que saia o sol)”, o disco que quedará como testemuña destes anos fenomenais, que levaron a festa galega a portos lonxanos e a tantos outros tan próximos.

10 comentários:

pepetrola disse...

Pufff... Pois vaia xerra de auga fria, tanto para unha das bandas máis festeiras do noso país, como para os milleiros de seguidores que teñen repartidos por todo o estado.

A ver se esto é só o principio de algo mellor, e seguén prendendo LUME!! durante moitos anos máis, nos nosos corazóns.

Saúdos Bocelikos, Irmán.

Anónimo disse...

unha autentica magoa!

Anónimo disse...

Para min foi ,ante todo , bastante sorprendente pero...

Anónimo disse...

Los rios son las aguas que van a dar al mar.........Que putada!!. Así es la vida..Mais seguro que algo bon está por vir!!. BIKOS RIKI

Anónimo disse...

Bueno Riki, as cousas son así. Graciñas ante todo por todo o cariño demostrado. Seguro sairá algo pola nosa parte, un pouco de descanso e poñémonos a traballar. Xa falaremos cando nos vexamos en algunha festa.
Bicos e apertas e outra vez graciñas por todo

rikimelide disse...

Un sáudo moi forte Ïco, e gracias a ti por ser como eres jejej
que vos vaia moi ben a todos meus que o mereces unha aperta faorte dende melide.

Anónimo disse...

Graciñas Riki por todo o apoio que nos destes nestes anos, e sobre todo polo que nos dades agora. Da gusto ver que a xente está nas maduras, pero tamén nas duras. Queda moito lume que dar, e agora, con sorte, con dous bos fachos, que boa falta fai nesta terrak. Unha aperta enorme a todo Millí. SAN CARALAMPIO FOREVER!!!

Anónimo disse...

Un saúdo moi forte Toño e a seguir levando lume por tódolos portos habidos e por haber. E as gracias a vos por tanto solaz que nos destes e nos seguires dando, ben seguro.
Veña cuidesenme compadres¡¡¡¡¡¡

Anónimo disse...

DE CHIKI. E UNHA PENA PQ ESTABAMOS MOI ENGANCHADOS A ESTE FENOMENAL GRUPO, HABER SE NOS DELEITADES RAPIDO CON ALGO NOVO E VINDES NO CARALAMPIO 2007, ANIMO E A SEGUIR COA MUSICA COMO VOS SABEDES UN SAUDO DENDE MELIDE

rikimelide disse...

Ese chike jejej