CRÓNICA CONCERTEIRA NA SEXTA FEIRA
Este venres pasado houbo duas actuación de auténtico luxo en Melide, Ruxe-Ruxe no 600 e Cornelius no Gatos.
Os de Aríns estiveron ben, na súa liña consolidándose como unha das mellores bandas de directo da Galiza, presentando moi dignamente o seu último traballo Comerical, aínda que sufriron problemas varios, eléctricos e de son que non os deixou brilar á altura de sempre, aínda así que tódolos concertos "menos bós" foran desta maneira. No apartado humano os ruxe son de puta nai dende o primeiro ó último e a min sempre mo demostran e por iso lles digo non cambiedes nunca e obrigado por todo. A parte disto o triste, como me comentou o amigo Sexto de Vilantime, é que non houbese mais público co tremendo grupazo que actuaba, á hora de analizar este factor habería que considerar que non fai nin mes e medio que estiveron no Gatos.
Ó remate da actuación dos de Vituco and company fomos ata o Gatos onde ofrecían a última parte do seu concerto Cornelius unha banda á cabalo entre O Grove, Vilagarcía e Vigo que demostrou ser unha das formacións chamadas a facer grandes cousas no país.
Moita calidade nos músicos experimentados do combo arousán, sen ir mais lonxe o guitarra solista era "O Abuelo", home que militou no conxunto do Reverendo incluso se deixou ver en varios programas de CQC na etapa Wyomingniana. Comentabáme Nani que era un dos guitarristas que mais lle gustaba dos que pasaron polo seu local e lembrábase cando viñera por primeira vez, moi noviño, con Salty Water.
Outro dos membros é o baixista Andoni Arcos, da familia dos Chiquitís de Melide, que á parte de darlle as catro cordas axuda fai as segundas e ás veces primeiras voces.
Toni B. Willisch (guitarra), José Vilas (teclados) ,Miguel D. Meixús (Batería) e o xoven e extraordinario vocalista David Chiquillo. Que demostrou dominar de maneira espléndia a súa gorxa para asi levarnos de viaxe dende universos funkys, bluseiros pasando por incribeles versións dos sempre máxicos Led Zeppelin ata ás ruas mais gostosas de Nova Orleans. Puro rockandroll anunciaba Nani na súa definición previa o concerto e de veras que atinou o condenado.
O sábado estiveron polo sempiterno Gatos os portugueses "Toques de Caramulo" non poiden asistir pero si vos podo dicir que foi un concerto impresionante debido o carácter festeiro dos compoñentes desta formación lusa que esta a revolucionar a música folk do país viciño. "Estaban ous dous na esquina tocando a concertina..." di o retrouso transminhoto e abofé que estaban. Seica as táboas do local non lle chegaban na actuación e a barra serviu de improvisado esceario, para os que non coñezades o local (aínda queda alguén?), direivos que ten duas partes ben diferenciadas e o acordeonista-concertinista lusitano botaba a mais parte do tempo pedindolle a xente que estaba na entrada (a zona chill-out) que deixase de falar e que se reunirá con eles diante (a zona "live-ao vivo").
Deixovos este clip grabado sen un can pero con profesionalismo por Cornelius, eles mesmo definen o tema como: funk-acid-jazz, DANCE, MEU, DANCE
terça-feira, abril 24, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Un tema MOI GUAPO......
Enviar um comentário