DERBY AÑORADO E AÑEJO
Este sábado de semana santa fixeron (ou fixemos) o seu debut en partido oficioso perante o TGM-Arzúa un combinado de veteranos do balompé melidense que aproveitando a coxuntura de dispoñer do campo novo do Cire, andan teimando en federarse para a vindeira campaña.
O plantel co que xogou o Cire poderíase definir como un caixa de jalletas variadas porque había xente de distintas xeracións e provintes de diferentes colectivos do deporte local (da liga da amistade, do fútbol sala local, do Cire, do Santiso etc) e de distintas épocas ou etapas, pero eso sí unidos todos coa ilusión de xogar o fútbol e divertirsee coa única condición de ter superados os 28 anos.
Esta é a formación que pasará a historia, de esquerda a dereita e arriba: Jesús Cea, Pablo Casal (cedido pola Real para este partido), Villa, Emilio Manuel, Pipino Gª, Riki, Rubén Leiva, Frilu e Manolo do Cristal. Abaixo: Coego, Manolito Quillo, Masi más, Toñito Lirio, Ricardo Pezobre, Jesús Roca, Pinchi e Arturo. Na grada estaban tamén Lorenzo e Ruchi.
O partido rematou 3-2 para os da casa aínda que no rival arzúan militaban bastantes oriundos do noso pobo como Ramocito, Gusi, Batería, Roca, Benito etc a parte dos reforzos de Albino e Pavero que su sumaron os da terra do queixo ó non ter efectivos dabondo. Outros xogadores do Arzúa foron Carril I, Carril II, Ruso ou Miguel Toldos.
Hai que dicir que ós arzúans faltábanlle bastantes xogadores como é o caso dos Carbós, Gabriel, Xele ou Sanmartín. O Arzúa de veteranos milita na Primeira B da Agrupación de Santiago e coido que vai clasificado en terceiro lugar. É dicir duas caterogías por riba da Terceira que sería na que lle correspondería xogar o Cire en caso de federarse. Feito iste que engade un pouco máis de mérito a victoria nun partido onde os da casa a pesares de levar poucos entrenamentos, non ter adestrador e non xogar nunca un partido xuntos, demostraron unha orde no terreo de xogo e un bo gusto á hora de tocar o balón.
Abriron o marcador eles e empatamos nós á beira do descanso, na segunda metade o Cire puxose 3-1 nos primeiros compases e nas postrimerías do partido o Arzúa acercabase no marcador cun perigoso 3-2 que non foi 3-3 mercede ás fabulosas paradas de Masi que demostrou unha forma impresionante.
Os goles melidenes foron obra de Riki, García e Toñito. Participando este último en tódalas xogadas con perigo da escuadra local. Bon partido de toda a xente e o millor de todo eses pinchos de irmandade despois do partido entre os xogadores dos distintos equipos continuando fora del a deportividade que houbo no terreo de xogo.
Agradcerlle a Juan Segade que nos trouxera as camisetas antigas do Cire Senior e a Juan Segade Abad que nos arbitrará xa que o trencilla que se chamara non poido acudir. Juan, actual xogador do Toques, demostrou que para arbitrar non se hai que complicar moito e exercer o sentido común, todo o contrario do que fan os colexiados destas categorías rexionais onde se queren erixir como protagonistas amosando dotes de pedantería, chulería e prepotencia en elevadas doses, gracias a Dios non foi así e o match disputouse en boa lid. Cajonatos, porque sempre acabamos falando dos arbitros?
PD: Facía mais ou menos entre quince e vinte anos que o Cire non xogaba contra Arzúa (ó non coincidir nas categorías nin disputar ningún amisotos) e é curioso que na dilatada historia destes dous equipos os enfrontamentos entre as duas cabezas comarcais non superana a quincena ente amistosos e partidos oficiais. Por certo no balance de victorias e derrotas os de Arzúa lévannos bastante vantaxa, todo isto según ó libro do XXV Aniversario do CSD Arzúa que conten un resumo ben detallado de tódolos enfrotamentos da historia ata daquela do conxunto branquiazul.
Formación do Arzúa que conseguiu o ascenso a 1ª B a pasada tempada.
domingo, abril 08, 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
23 comentários:
Aí riki!. Firme candidato para o pichichi do ano que ven se finalmente vos federades!. Un saúdo é que siga a iniciativa
A min dixeronme que o gol de Riki, se o marca Ronaldinho da a volta ó mundo seis ou sete veces. Control co peito volea e a escuadra, tremendo. Noraboa polo gol, e polo resultado, e espero qu eo de federarse siga para adiante. Un saudo e Forza Cire (agora tamen version veterana)
Asemellábase mais a un de Ronaldo, xa que a camisola quédabame mais ou menos como lle quedaban a el no Madrid, un pouquiño embutida jajja.
Gracias polas felicitaciós e a ver si a idea calla e o conto vai pa diante. Por certo xa andan trazando o partido de volta en Arzúa. Veña un saúdo a todos, que sempre estades ahí macho, sodes moito.
bueno, o partido de volta haberá q ir velo logo, e non por ver á familia precisamente...
moi boa esa iniciativa. e hai que federarse, supoño que vos apoiaran dende a coruña tedes o meu apoio FORZA CIRE¡¡¡ E PA DIANTE
eu pesquei nese cncurso xa qe son socio e foi pesimo qe o presidnte doutra asociacion "cabezudo" e rato e fillo pescndo furtivmnte xa qe nos tiñmos todlos cotos pa solo fcer acto de presncia de chuleria!eso e verngnzoso señores era pa chmar a seprona!donde se viu qe un presidente de unha asociacion pescndo furtivmnte!e outra nota a cntar notro cmpeonto non tiñn cotos e cedimosllos no asiqe a xente qe observ e cntmple
Riki.....Xa tes mais de 28??Non fodas¡¡Pero si estás feito un rapás¡¡
Non hai imaxes logo dese golazo ?^?^
Unha aperta.
RIKI-GOL!!
¡Hai que joderse! Mira que sodes feos, cabrones!!! ¿E ti tamén sabes meter goles, Doutor? A verdade é que hai que che preguntar que é o que non saibas facer ti. ¡Mi Maaa!
E creo que houbo ai trampa, eh! Pois contando vos con semellante artilleiros coma Emilio e Pablo Casal, calquera non gaña... Ostia! E Ricardito tamén che lle da o futbolin...
Ah, quería dicir eu que é a primeira vez que vexo publicada neste benrable blogue unha foto dalgún parente meu. Pois parece ser que os veteranos do Arzúa contan cunha antiga lenda do fútbol boimortense, o meu tito Rober (Carreira), “Mestre de Carpinteiros”. Tutto un honore per mua, bambino! Por se a alguén lle pica, a curiosidade XD é o cuarto dos que están sentados empezando pola dereita. (Na foto dos do Arzúa, claro esta!).
Pdta: Riki, o final escoiteivos a Nani máis a ti en diferido no programa “Aberto por Reformas”. Macho, ti valías para que che deran un programa na galega parecido a “Hora Amiga”. O que pasa é que entón estaríaslle roubando a idea a Amiguete XD. Bueno, ti non te preocupes que algo amañaremos ti máis eu. ¡La fama nos espera, Muchacho! ;)
Bueno, Toxo tamén é algho parente meu... Pero se cadra con ese tipo de parentesco tamén son parente de Lars Ullrich...
Ostia, Victor! LOQUILLO y los trogloditas, e posiblemente o inigualable JOSELE SANTIAGO. Esto é moito nivel de cristo, do mellor do verán, seguro!
¡SOBRADO ARDE!
Gracias Victor de Sobrado polas felicitacións e por esa información en primicia mundial da Festa da Troita, promete moito a verdade. Dicirlle a Fiz que aínda non teño os 28 pero quédanme exactamente 17 días, jejje. Xeración do 1979. A verdade é que era o pipiolo do equipo.
E a Pepetrola que lle vou dicir que el xa non dixera, unha aperta por estar sempre ahí e mira ti por onde che atopamos un parente jeje.
Saúdos a tod@s por ser como sodes, non cambiedes.
Ah que me esquencía, voume poñer en contacto co Cabezudo para ver que pasou o día do concurso de pesca da Ponte Mazaira para que aclare neste espazo, que está ó dispor de quen queira, esas "acusaciós" que lle imprimen tanto a él como a outros dous.
Veña.
RIKI-GOL ves como si pasaran cousas raras no campeonato de pesca. É verdade xa non lebraba o de que lle deixaran os cotos Ponte Mazaira a "troiteiros de Furelos"(jaja o de troiteiros, millor sera dicir Furtivos)para outro concurso , XA ESTABAN A QUEN QUEREDES ENGANAR?. DEBEDES PEDIR PERDON PUBLICAMENTE A TODA A ASOCIACION PONTE MAZAIRA, QUE VOS CREEDES QUE SODES???, E O PEOR DE TODO QUEN PREMEDITADO PORQ XA ESTIVECHEDES AMEAZANDO O QUE IBADES IR PESCAR E FISESTEDELO E COMA NO CON CABEZUDO-PRESIDENTE Á CABEZA
Ei Riki, mudamos de dirección na Agrupación Castelo, aproveito para decircho e para que se tal cambies a ligazón.
Esta é a nova:
www.agrupacioncastelo.com
Deica!!
RIKI, ves coma pasaron cousas nese campeonato de pesca, a xente ten que saber como as gasta a asoc. de troiteiros de furelos, que tanto di que quere a Furelos , e que pasa que non queren pesca sin morte no rio de Furelos? pois si debe ser iso, e despois van de guays e non chegan nin a chachi, facendo limpezas do rio. Sacade a máscara que levades posta e decide como sodes, con actuacións coma a que tivechedes xa se ve como sodes, QUE MELIDE O SEPA E CUESTION DE TEMPO
O máis importante é que gañamos o eterno rival o Arzúa, cun equipo tan entregado coma variado!
Esa é a forma de medrar coma pobo.
forza cire veteranos¡¡¡¡ e animo e federarse e un logro fadeo.
Riki-Gol.. Ten q ser todo un honor marcar o primeiro gol na historia do Cire de Veteranos non? Un saúdo e jasssss
Por suposto que unha honra e ademais, aínda que estea mal dicilo, foi un bon gol.
Un gol da escola brasileira, será influxo daquel San Roque, q acompañaches polas rúas de Melide aquel grupo de samba?? Tremendísimas mulatas.......
Oes, Riki, agora que falan do programa da Hora Amiga... máis ben eu faría un club de fans para conseguir que che desen un programa. É máis: para min a Hora Amiga é o programa de Riki con obstáculos!
Riki for showman forever!
Como diría Jack o Destripador "imos por partes", o do gol da escola brasileira, non sei si me influiu ou non facer de "Suso de Donicio", é dicir ir marcando o paso, as garotas dunha Escola de Samba da que non lembro o nome, pero si que teño gratos recordos daquel día do San Roque se non lembro mal do ano 1994. Foi o mesmo ano que Suso do Babé levou un grupo de gaitas por todo o extraradio melidense facéndose pasar por membro da comisión o que levou a que os gaiteiros protestaran enérxiamente polo pasarúas de varios kms que tiveran que facer , jaja.
E o da radio pois está o tema en "Standby" xa que Amiguete vaise ir currar a Madrid e non sei si seguir eu co programa ou facer un só cada mes os sábados pola tarde cando veña o Amiguete, do que decida estáredes informados.
Veña un sáudo.
A tódolos anónimos.
Estaría guapo que tiverades a ben firmar as entradas pra saberen quen anda detrás delas. Non vos parece?.
P:D-- A que fode non saber quen firma? Pois a min tamén. Chau
P:D II --Riki, poderías explicar algún día nunha entrada que é o que pasa en Melide coas 2 asociacións de troiteiros? De onde parte o conflicto? Quen está detrás de cada unha?..Perdona polo cotilleo pero é que non me entero de nada.
GRAZAS
Pena k non vos dese 1suvencion a deputacion. JAAJ
Enviar um comentário