quinta-feira, abril 19, 2007

PULGA Vs PELUSA
Se non vistes aínda o gol de Messi estes días vades quedar fartos de velo, aqui vos queda, merece a pena velo. Tamén deixo o de Diego no 86, pola teima de comparar, aínda que como ben sabedes as comparanzas son odiosas. Un foi nunha semifinal de copa do rei e o outro foi mais que un gol por aquilo da rivaliade Arxentina-Inglaterra despois da guerra das Malvinas, Messi ten 19, Maradona tiña 25. Así é todo que grandes son estes dous artistas do balón aínda que non cheguen ó 1.70 m. (1.66 Diego Armando, 1.69 Lionel). E eu que son algo merengón non me doen prendas en dicilo.

5 comentários:

Anónimo disse...

Eu son outro merengón que non se cansará de velo. Eres moito meu!!, se se despistan sacas os vídeos antes que os xornais na rede!!!. Lástima que algún día que Míchel tivo gañas de correr non houbera alguén coa cámara no Zahorra Stadium para poder facer a comparativa a tres bandas. Asegúrovos que marcou algún parecido. Veña, saudiños!!!

Anónimo disse...

Lémbrome tamén dun que metera o santiciense Roberto Leiva xogando cos xuvenís do Cire (fora non sei si sería en Santa Cruz ou por ahí, cheiraba á mar jajja), colleu o esférico na área propia e recorreu todo o campo e anotou. Eso sí non sei sí faría ningún regate. Foi moi parecido a un que metera Weah cando estaba no Milan. Veña un sáudo Tono e noraboa a UD por esas bodas de plata¡¡¡

Anónimo disse...

dous golazos, pero si ben ten razón o noso amiro Elmo - o fillo do solitario- a diferencia e q un drogabase de pegueno, e outro de grande.

Anónimo disse...

jejeje boa puntualización. Está a piques de estrearse o documental de Kusturica sobre ´maradona, xa me tarda velo. Veña un saúdo pola nacional 547.

Anónimo disse...

Las comparaciones son odiosas, y ésta aún más.

No es lo mismo un gol en un Mundial, contra Inglaterra, que un gol en la Liga, (aunque sea en España).