terça-feira, abril 24, 2007


XOVES 28 ABRIL. 1ª FESTA DA HOSTALARÍA DE MELIDE.
Aínda que pareza incrible a hostalaría de Melide (gran parte dela, alomenos) logrou porse de acordo e para este xoves preparou unha festa das de primeira categoría, boas viandas e acutacións de sete estalos.
O evento escomenzará ás oito do serán cando se procederá ó peche de tódolos locais hosteleiros de Melide. Así que o único lugar para tomar algo será o chiringuito da organización sito no Pazo de Congresos.
Acto seguido a charanga Os Amigos de Visantoña encherán de ritmo e colorido as ruas melidás , rompendo o xeo e preparando o pobo para esta grande I Festa da Hostalaría.
Aló polas nove e media no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide (antiga feira) celebraráse unha cea de amizada e confraternización onde por un módico prezo (15 €uros) disfrutarédes dun menú de aunténtico luxo servido polo Toxo-Cattering.
Para empezar: empanada, embutidos , entremeses e entrantes variados. De primeiro lacón asado con cachelos, seguimos con perna de tenreira ó forno con patacas fritidas e para rematar postre, café e chupitos á reventar.
Ó remate da cea na mesma instalación, recordemos Pazo de Congresos... (debido a que se presume mal tempo para o xoves e polo tanto non se pode facer a intemperie), comenzará a gran verbena con duas das mellores orquestras, para algún as nº 1
do panorma galego. PARÍS DE NOIA E PHILADELPHIA.

25 comentários:

Anónimo disse...

Aaiiii, que boa pinta ten a cousa! Sobre todo a proposta do Toxo-Cattering! Lástima que nunca chove a gusto de todos, e aos que vivimos emigrados na capital non nos cae aló moi ben o xoves. En fin, que rule a festa. Agradécese a información.
Bicos, Rike (como diría miña abuela...)jeje

Anónimo disse...

A festa é a festa e gústanos a todos, e máis en Melide. "Ahora bien" non é por criticar, pero inventiva "más bien poquita". Agora que todos a cagarnos na SGAE, que alguén se informe do que pagan as orquestas e reflexione sobre o producto que ofrecen. Tanta propiedade "intelectual" e estes señores qué?

Anónimo disse...

unha trapallada:os do BNG aproveitaron para poñer carteis da súa candidata en todo Melide o mesmo dia da festa...

Anónimo disse...

resposta a anonimo:tes razón,a campaña electoral é igual para todos,e isto é unha vergonya,soco de melide....tes moito medo

Ghaiteira disse...

Bueno cona bueno, e que máis terá que houbera carteis do BNG, do PP ou de quen fora? Íbase a festa pola mesma, non por ver aos políticos colgados no estandarte. Moito nos gusta a polémica neste pobo...
Por certo, a festa un 10. Hai que repetila para o ano!

Anónimo disse...

jajaja esa noite houbo 2 ceas. A do Toxo e a do cartel

Anónimo disse...

POS SI 2 CEAS
A DO CARTEL SALTOUSE A TORERA AS NORMAS ELECTORAIS...

Anónimo disse...

eso e un de putada!

Anónimo disse...

eu apuntoume polo ano seguinte...
sen de...putadas

Anónimo disse...

Deben ter moito pero que moito medo ,é non e de extrañar. Sintense os gañadores e penso que van ser os grandes perdedores.
Empezan ben pasando as normas electorais polo forro.Que medo entón velos gobernar..Anxeles e unha boa tia e vai seguir no concello.

Anónimo disse...

Maniobra pouco elegante, deixanos os demais orfos. Creo que a xente tomara nota do talante e as formas de esta formacion, non todo vale nesta vida

Anónimo disse...

Penso o mesmo que ti "cidadan" . Equivocáronse moito facendoo.
Non e democrático.

Anónimo disse...

eu penso qe o bng faino d eputa mdre e qe melide iria nmllor non con este chupons

Anónimo disse...

tes razon,faino de puta madre...comezando polos carteis...

Anónimo disse...

Que carallo fai? andar en coche oficial e vender fume

Anónimo disse...

¿que ten coche oficial? non fastidies

Anónimo disse...

pois a do bng ten coche oficial. Desde fai moito tempo...

Anónimo disse...

anónimos=polémica

Anónimo disse...

Que ideoloxía é tan vergonzosa como para ter que defendela anonimamente?

Anónimo disse...

calquera persoa con dous dedos de fronte e calquera ideoloxia daria a razon a os comentarios.

Anónimo disse...

A cales? Non sei quen se da por aludido. Pero se fago caso de todos ao mellor montome un pequeno cacao. Non vou falar en nome de Riki, pero quedou máis ou menos claro en anteriores entradas que o servicio que pretendía ofrecernos con este blogue de noticias, fantástico e, para algúns, de gran utilidade non estaba precisamente destinado á polémica sobre o sempre aburrido politiqueo municipal, que por outra parte, apesta desde calquera punto de vista.

Anónimo disse...

E por certo, a todos os que vos van empezar a cobrar un canón nos próximos discos duros: ¿En serio non tedes curiosidade por conocer o canón que a SGAE lle pon ás orquestas?

Anónimo disse...

Totalmente dacordo con Tuba.
E no tema do canón da SGAE, está claro que llo teñen que cobrar as orquestras, éstas sí que se benefician claramente das composicións de outros, e non as comisións. Veña un saúdo a todos.

Anónimo disse...

O anonimo ese pro pp que cale un pouco por favor.O medo teñeno eles por eso difaman. Hai que saber perder.

Anónimo disse...

"Diría muchas cosas...mas mijor mi voy callar". no vaya a ser ...¿noaves? )No pajaritos.

Que ninguén se esqueza que a democracia reside na alternancia.