terça-feira, maio 08, 2007

BROZ REI, XOSÉ MANUEL
Xosé Manuel Broz en internet. Im-presionante. Artista total. Historiador con historia. Profesor. Melidán onde os haxa.Director do Museo. Traballador infatigable. Quédome moi curto nas definicións pero coido que é mellor que o vexades por vos mesmos. Descubrín o blogue o outro día mergullándome na rede. Premede e disfrutade da beleza: Xosé Manuel Broz
Imaxe: Acuarela- Praza do Convento- Melide- 1998?
Blogue: http://xosebroz.blogspot.com

9 comentários:

Anónimo disse...

No da acceso a ningún blog, está bien la URL?

rikimelide disse...

Non non estaba ben, xa subsanei o erro. Puxera mal a dirección. Agora está arranxado. Gracias polo comentario anónimo "salvador".
Veña.

Anónimo disse...

you´re welcome.
Apertas

Anónimo disse...

Pedazo de artista tamen o eres ti, eclipsaches a Ferreiro o día da presentación, INMENSO RIKI.
E polifacético, xa te vin no spot que sae no informativo da noite de Canal Dez, era o que che faltaba. A pregunta é, que che falta por facer?

Anónimo disse...

Xa será menos, xa será menos oh.
Non creo que o eclipsara nin moito menos e o do anuncio unha anécdota mais jejje, un sáudo a todos e a ti tamén josemi? .

Anónimo disse...

José Miguel

FIZ disse...

Que fermosa a acuarela da praza do convento....

Que GRANDE BROZ

Xa a teño de fondo de pantalla..

Que saudade tenho da vila¡'¡'

Unha aperta a tod@s

Ghaiteira disse...

Pois xa somos dous, eu tamén fixen o mesmo. A verdade é que é preciosa

Anónimo disse...

A 1500 km da casa, sentado nunha terraza do Sena (Non falo do piloto de F1) o carón da "Nosa Señora" (Miro con interés os campanarios por adiviña-la silueta do chepudo :-)) novamente graciñas meu benquerido Riki. Desta vez consegichedes que vertera unha bagoa de nostalxia (ou debería decir xa morriña)esas belisimas imaxes de Melide tamizadas polo arte de Broz, esas fotos de esforzados gladiadores do cespede (seica o do novo campo e artificial?) recuperados da memoria, moitos deles amigos en grandes loitas pretéritas... sinf, Noraboa e moita sorte a Ferreiro no novo proxecto. E para tí unha grande aperta e sigue así, mantendonos informados do dia a dia da vila.