terça-feira, maio 15, 2007


DERBY NA COPA.
Se as miñas fontes non se enganan, o vindeiro domingo no Estadio Municipal de Melide disputarase a segunda rolda da Copa da Coruña entre os conxuntos do C.F Cire de Melide e o Toques C.F.
A copa, o torneo do k.o, é unha competición que se xoga despois de conclulír a liga e que un dos seus alicientes á xogar a final en Riazor.
Se emocionante se presenta xa de por sí ese domingo no panorama balompédico cos decisivos partidos da primeira división Dépor-Sevilla, Recreativo-Madrid e Atlético-Barça a guinda será este duelo a cara de can entre as escadras veciñas.
Dicir que na primeira rolda disputada o pasado domingo o Toques obtivo a victoria lonxe das terras do Bocelo, mais concretamente no feudo do Culleredo. 2-3.
O Cire clasificouse directamente a segunda rolda o estar exento da primeira.
Supoño que será ás 17.00 h., cando saiba algo mais coméntovolo.
Recordar os resultados previos deste ano: Toques-Cire, 1-3. Cire-Toques 2-2.

5 comentários:

Anónimo disse...

Pq el cire no jugó la primera ronda y sin embargo el boimorto tuvo q jugar????

Anónimo disse...

Non cho sei, supoño que sería por sorteo.

Anónimo disse...

O non haber equipos suficientes para formar un cuadro de eliminatorias perfecto alguns equipos non teñen rival na primeira rolda e pasan automaticamente a segunda donde o cuadro xa queda coas eliminatorias ben formadas. O Cire tivo a sorte de que lle tocase un deses postos, por eso non xogou.Veña, vémonos no campo, un saudo.
F O R Z A * C I R E

Anónimo disse...

non quero estrellitas que pretendan ser dende porteiro ata dianteiro,pasando,como non, por adestrador en funcións...non quero ,tampouco, lea en tódolos partidos e tarxetas vermellas adicadas ao xogador q chegou prometendo non sei que morea de goles por tempada, non quero q pro ano se intente traer a xogadores pagando,aqui q cobren todos ou q non cobre ningun,quero o ascenso,pero non a costa de calquer cousa nin a calquer precio.vamos cire!!!

Anónimo disse...

no hay fotos del partido de copa melide-carnoedo?